Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

A Alberca, Salamanca

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 29 Abril
Finaliza: 1 Maio
Categoría:

Data límite para anotarse mércores 26 de abril Lugar xeral Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia Pernocta Refuxio ou abergue Medios de transporte Medios propios (vehículo particular)   Apúntate en [email protected] ou no local do club. Ás prazas son limitadas, polo que inscríbete canto antes. Durante esta fin de semana longa realizaranse…


Data límite para anotarse
mércores 26 de abril
Lugar xeral
Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia
Pernocta
Refuxio ou abergue
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club. Ás prazas son limitadas, polo que inscríbete canto antes.

Durante esta fin de semana longa realizaranse tres actividades dentro do Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia sen dificultade técnica.
Mas infomación do parque en https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural_de_Las_Batuecas-Sierra_de_Francia

O punto de quedada é o sábado na praza da Alberca ás 09:30 horas.

Información de pernocta: A pernocta intentarase realizar en albergue en La Alberca, sen embargo aqueles que desexen pernoctar en hotel, hostal, caravana, etc, deberán xestionalo pola súa conta así como avisar no momento da inscripción para non contar con eles.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Gafas de sol, Comida

Dende la Alberca a Mogarraz e volta a La Alberca

La Alberca Mogarraz

  • horario6
  • desnivel de subida630 m
  • desnivel de baixada630 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

A actividade partirá dende a localidade de La Alberca polo Camiño das Raices e o GR-10 para chegar ata Mogarraz pola Ruta da Auga. Dende esta localidade voltase realizando unha ruta circular a La Alberca. Trátase dunha ruta sen dificultade técnica.

Val de Las Batuecas

Nesta actividade, que todavía está por concretar por parte do organizador percorrerase o Val de Las Batuecas chegando á La Alberca.
As Batuecas é un val máxico, situado ao sur da provincia salmantina, moi preto de La Alberca. A súa orografía intrincada, rodeado dos cumios da Serra de Francia, converteuno en refuxio da fauna local e dalgúns eremitas. Incluso o propio Lope de Veiga referiuse a el como “perpetuo lugar de felicidade”.

Ascensión á Peña de Francia dende La Alberca

Ascensión á Peña de Francia

  • horario5
  • desnivel de subida811 m
  • desnivel de baixada132m
  • distancia horizontal9km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Este día ascenderemos a Peña de Francia, dende a que poderemos ter unha visión en conxunto do Parque Natural. A ascensión, na que partiremos dende La Alberca, non presenta ningunha dificultade técnica, realizándose a mesma polo GR-10.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón