Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

A TODA COSTA entre Camelle – Camariñas – Muxia.

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 23 Setembro
Finaliza: 24 Setembro
Categoría:

Voltamos un ano máis, e van xa 6 consecutivos, no que propoñemos percorrer 40 km da nosa costa.

A proposta como sempre é facer o percorrido en autonomía. Levando a comida e durmindo de vivac. En calquera caso pasaremos varias localidades nas que haberá todos os servizos.…


Data límite para anotarse
Mercores 20 de setembro
Lugar xeral
Costa da Morte
Pernocta
Vivac
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Voltamos un ano máis, e van xa 7 consecutivos, no que propoñemos percorrer 50 km da nosa costa.

A proposta como sempre é facer o percorrido en autonomía. Levando a comida e durmindo de vivac. En calquera caso pasaremos varias localidades nas que haberá todos os servizos.

Información de pernocta: A pernocta será en Vivac, nalgunha praia que atopemos polo camiño pola zona de Camariñas.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Saco de durmir, Esterilla, Gafas de sol , comida, auga, Os máis aguerridos poden traer bañador, palas, pixama, cometa e … todo o habitual na ruta da costa e pouco habitual no resto de actividades ; )

Hora e punto de quedada: Ao final do porto de Camelle (Concello de Camariñas) onde está a “Casa de Man” (OLLO:NON no Museo de Man) as 9.30h do sábado. Dende o Club xestionaremos as prazas nos vehículos.

Polo camiño pasaremos poboacións medianas que contarán con todos os servizos. Además de Corme, Ponteceso ou Laxe entre outras.

En canto a auga, soe ser posible atopar auga nas praias e nos “lugares” ainda que sexan pequenos polo que non debería supoñer un problema, en calquera caso, non existen fontes sinalizadas.

A hora de finalización estimada é ao redor das 17h.

Sábado. Arou – Camariñas

Arou – Camariñas

  • horario8
  • desnivel de subida296 m
  • desnivel de baixada299 m
  • distancia horizontal22 km
  • tipo de percorrido Travesía
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Nesta etapa transitaremos polo corazón de Ou Camiño dous Faros e da Costa da Morte. Unha costa abrupta que percorreremos toda, parándonos en cada punto e contemplando a virxindade das súas paisaxes. O pequeno Porto de Santa Mariña dános acceso á Praia de Trecey ao Cemiterio dos Ingleses. Desde alí por un tramo moi cómodo chegamos ao Faro Vilán, punto crave deste camiño. O final de etapa percorre todo o Arco do Vilán ata Camariñas.

Mais información http://www.caminodosfaros.com/wp-content/uploads/2015/06/e5.pdf

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Domingo. Camariñas – Muxía

Camariñas – Muxía

  • horario10
  • desnivel de subida470 m
  • desnivel de baixada471 m
  • distancia horizontal32 km
  • tipo de percorrido Travesía
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Esta etapa é das máis longas deste camiño pero tamén é totalmente plana. Nela percorreremos toda a Ría de Camariñas, cunhas paisaxes máis suaves, e fermosas aldeas que nos van a dar outro punto de visión á ruta. Na segunda parte, tranquilos areais da desembocadura do Río Grande e a incomparable Praia do Lago achégannos a Muxía, onde chegaremos ao Santuario dá Barca despois do ascenso ao Monte Corpiño.
Unhas 9 horas de etapa antes de finalizar na Praia do Coido.

Mais información http://www.caminodosfaros.com/wp-content/uploads/2017/02/e6.pdf

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón