Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Ascensión á Pena de Anamán

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 7 Maio
Categorías: ,

Ascensión organizada pola sección de veteranos á Pena de Anaman no Parque Nacional portugès da Peneda-Gerês.…


Data límite para anotarse
Mércores 3 de maio
Lugar xeral
Parque Nacional Peneda-Gerês
Pernocta
Non existe pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Ascensión organizada pola sección de veteranos á Pena de Anaman no Parque Nacional portugès da Peneda-Gerês.

Tras a actividade, que rematará preto das 16:00 os que o desexen poderán visitar a aldea portuguesa de Castro de Laboreiro ou visitar o seu castelo.

O punto de quedada é o domingo ás 08:00 enfronte da piscina do Pavillón dos Remedios.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Gafas de sol ,

Ascensión a Pena de Anaman dende Queguas

Ascensión a Pena de Anaman

  • horario5
  • desnivel de subida544 m
  • desnivel de baixada544 m
  • distancia horizontal13 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Sairemos dende a aldea de Queguas cara a Pena de Anaman (1.276 m) pola
Serra de Queguas. Polo camiño poderemos ver o Dolmen da Moura, un monumento megalítico de finais do período neolítico, un dos dolméns mais espectaculares de Galicia, polas súas dimensións e estado de conservación.

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón