Chega de novo a cea anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste 2019 e abrir novos proxectos entre risas…e volven, un ano mais tamén, os “CAM aguards”. …
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 20 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Chega de novo a cea anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste 2019 e abrir novos proxectos entre risas…e volven, un ano mais tamén, os “CAM aguards”.
A cea será o vindeiro 29 de novembro ás 22:30 horas no Liceo Ourensán.
Ao igual que ano pasado, podes nominar a ese socio que cres merecedor dun “CAM aguard”. Coma nos mellores premios :-p! Indica no formulario o nome do socio ou socia, e o premio, que pola súa determinación, bo facer, espríritu e sobre todo, orixinalidade e falta de vergoña, cualidades que todo gañador dun CAM “aguard” debe demostrar, consideras que debería recibir este prestixioso galardón.Lembra que na cea, ademais dos mencionados premios, tamén se entregarán os premios do concurso de fotografía e o premio popular.
Será preciso anotarse á cea a través do formulario habilitado ao efecto, indicando o menú da vosa elección e achegando o xustificante bancario do pago da cea. O número de conta onde realizar a transferencia é o habitual do Club: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank).
RESUMO:
- Data: 29.11.2019
- Hora: 22:30 horas
- Lugar: Liceo Ourensán
- Prezo menú: 22,00 €
MENÚS DISPOÑIBLES:
- MENÚ A – CARNE: Empanada de bacallau, lacón cocido, gambóns dúas salsas, xarrete guisado con guarnición, e tarta
- MENÚ B – PEIXE: Empanada de bacallau, lacón cocido, gambóns dúas salsas, lubina e tarta
- MENÚ C – VEGANO: Ensalada variada, milanesa de champiñóns con patacas fritas, “fajitas” de verduras……..