Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o Vivac

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 12 Agosto
Finaliza: 13 Agosto
Categorías: ,

Quedada de vivac estival e observación astronómica a simple vista. A zona proposta, Trevinca, proporciona un horizonte despexado en 360º, polo que o mellor modo de observar a chuvia de estrelas fugaces é precisamente tumbarse boca arriba no chan e protexerse do fresco da noite. Este lugar ten clasificación StarLight, polo que resulta ideal para…


Quedada de vivac estival e observación astronómica a simple vista.

A zona proposta, Trevinca, proporciona un horizonte despexado en 360º, polo que o mellor modo de observar a chuvia de estrelas fugaces é precisamente tumbarse boca arriba no chan e protexerse do fresco da noite.

Este lugar ten clasificación StarLight, polo que resulta ideal para a observación con instrumentos ou a simple vista, así como para realizar fotografía debido ao nivel de contaminación lumínica extremadamente baixo.

PLAN

Saída dende Ourense a media tarde o sábado para chegar ao Alto del Pedroso, Fonte da Cova, Casaio, Trevinca. 1.870 snm, aproveitando ás últimas luces do día para preparar a zona de vivac-observación e compartir nocións de orientación outdoor diurna/nocturna.

A zona na que está previsto realizar a actividade está preto do refuxio de Fonte da Cova (Trevinca), nas inmediacións do refuxio hay espazo suficiente para estacionar os vehículos. O lugar da actividade é unha pequena elevación enfronte do refuxio, hacia o norte. Pode accederse directamente campo a través dende o refuxio ou dando un pequeno rodeo seguindo a pista que ascende suavemente dende as instalacións do Hotel rural Fonte da Cova. Dependendo da subida escollida a distancia vai dende os 300 metros (subida directa campo a través) ata os 1600 metros (comóda seguindo a pista). En calqueira caso o desnivel máximo a superar non excede os 80 metros.

 

Material suxerido: Esterilla, Saco de durmir, Buff-Gorro-Guantes finos, chaqueta de plumas ou similar, frontal de luz vermella, comida e bebida, brúxula e mapa estelar (en papel ou APP teléfono)

 

Pídese expresamente non usar durante a actividade ningún apuntador láser ou calqueira dispositivo que poida molestar ou entorpecer a observación dos participantes, así como silenciar os teléfonos e non empregar flash nas fotografías.

Dado o plantexamento da actividade como vivac-observación, no está previsto o uso de tendas de campaña para a pernocta, non obstante pode levarse e deixarse no vehículo por si unha evolución imprevista da méteo aconsellase o su uso.  Si en condiciones normales se opta por tienda para la pernocta o con la finalidad de proteger los instrumentos de observación o fotografía, se ruega que se instalen a cierta distancia del grupo de vicac y preferentemente agrupadas.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón