Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Curso de iniciación á escalada

Actividade Navegación

Data: 28 Novembro
Categorías: ,

O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.

Un curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a fin de escalar con seguridade vías equipadas de escalada deportiva dun so longo.

O curso está dividido en catro xornadas de dúas horas no seguinte horario.

Horario

Martes 28 de novembro e 5, 12 e 19 de decembro de 17:30 a 19:30.

Prazas
Máximo 8 persoas

Material necesario

  • Roupa e calzado cómodo.
  • Pes de gato o que teña, ainda que non son imprescindibles.

O curso inclue todo o material de seguridade.

Inscripción

Apúntate no local social ou en [email protected]

Prezo

  • O prezo do curso é de 15€ para socios do club.
  • Non socios 10€ cuota alta club + 15€ curso escalada
  • Se non estás federado o seguro ten un cueste de 24 € a maiores.

Non inclue a entrada diaria ao Pavillón dos Remedios (3 €/día se non es aboado)

Máis información no local social ou en [email protected]

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace