Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Despedida do ano e brindis do nadal

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 22 Decembro

Como ven sendo tradicional, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2017, un ano de actividades realizadas coa mellor compañia. Acábase un ano cheo de lembranzas, pero comeza un novo ano que será ainda mellor. Queremos aproveitar para darvos as grazas aos socios, xa que este club non sería…


Como ven sendo tradicional, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2017, un ano de actividades realizadas coa mellor compañia. Acábase un ano cheo de lembranzas, pero comeza un novo ano que será ainda mellor. Queremos aproveitar para darvos as grazas aos socios, xa que este club non sería o mesmo sen vós.

Quedades todos convidados este venres 22 ás 20:15 horas no local.

O próximo mércores será o último día que abra o club no seu horario habitual e o local permanecerá pechado tras esta celebración, ata o mércores 10 de xaneiro de 2018, no que retomaremos as actividades de xeito habitual.

Se precisas tramitar algunha licenza, este mesmo venres poderás facelo dende ás 20:00.

Feliz Ano 2018!

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón