Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

Espeleoloxía en Ceza

Data: 3 Decembro
Categoría:

Data límite para anotarse
luns 27 de novembro
Lugar xeral
O Courel
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Debido a necesidade de solicitar permiso ante Medio Ambiente por estar a cavidade dentro da Rede Natura 2000, os interesados deberán apuntarse antes do 27 de novembro.

Trátase dunha cova kárstica situada cerca da aldea de Visuña, pertencente ao municipio de Folgoso do Courel. Trátase dunha actividade con gran interese espeleolóxico e arqueolóxico. Non se trata dunha actividade guiada polo que os participantes deberan de ser autosuficientes.

Información
A aproximación a cavidade é duns 300 mts con pasos por caminos con afluencia de auga.
Trátase dunha cova de progresión fundamentalmente horizontal que ten algún paso ou zona estreita con auga, polo que e preciso mollarse. A lonxitude e desenrolo horizontal da cavidade estímase nuns 840 metros, con pasos con existencia de auga. A duración da actividade será dunhas 5-6 horas. A actividade é de exploración espeleolóxica.

Volverase a Ourense o mesmo día da actividade.

Non é preciso ter experiencia previa, pero sí é recomendable.

Saída
Saída dende Ourense ás 09:00, una vez chegado ata a Cavidade, sobre ás 11:00 entraríase, estimando a hora de saída da cova ás 16:30.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace