Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

Espeloloxía en Val da Moura

Data: 5 Novembro
Categoría:

Data límite para anotarse
Xoves 2 de novembro
Lugar xeral
O Courel
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

A actividade consiste en adentrarse e percorrer o Val das Mouras, unha extensión kárstica de unhas 5 hectáreas onde o tempo e a erosión deixaron ao descuberto unhas incríbles covas excavadas pola auga. Actualmente constitúe un laberinto boscoso de musgo, roca e vexetación, onde fai moitos anos, chegou incluso a estar habitado, de ahí o seu nome Val dos Mouros ou Mouras.

Saída
Domingo 5 dende Ourense pola mañá. A hora ainda está por concretar.

Requisitos
Xa que non hai verticais, non é preciso curso de inciación a espeleoloxía. Os menores de idade terán que ir acompañados dos pais.

Material recomendado
Roupa e calzado cómodo para andar polo monte, pódese levar unha frontal si se ten (non é imprescindible), comida e bebida.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace