Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

III Maratón de escalada “Canón do Sil”

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 12 Setembro
Categoría:

  Terceira edición do maratón de escalada do Canón do Sil.   AMPLIADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 6 DE SETEMBRO O III Maratón de Escalada do Canon do Sil, trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten…


cartel_s

 

Terceira edición do maratón de escalada do Canón do Sil.

 

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 6 DE SETEMBRO

O III Maratón de Escalada do Canon do Sil, trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en fucion da súa dificultade, lonxitude, etc. Gañará a cordada que consiga o maior número de puntos.

Para participar na proba é necesario realizar unha inscrición por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web: http://web.clubalpinoourensan.es/maraton/ e sempre antes do día 30 de agosto ás 23:59.

A inscrición formalizarase no momento do pagamento da cota, que será de 20 € por cordada e que dará dereito a:
– Camiseta do evento.
– Un premio para o equipo gañador e o escalador que faga a vía de mais grado
– Sorteo de premios
– Pinchos ó rematar

Para participar nesta actividade non é preciso ser socio do club.

Toda a información en web.clubalpinoourensan.es/maraton

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón