Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

Magosto

Data: 18 Novembro

Data límite para anotarse
Mércores 15 de novembro
Lugar xeral
Manzaneda
Pernocta
Refuxio
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

O magosto para este ano celebraráse no Refuxio de Manzaneda o sábado 18 de novembro e aproveitando que se están ultimando os ultimos detalles para a súa reapertura aproveitaremos para realizar unha xornada de limpeza no mesmo antes do magosto.

Durante a mañá, entre todos os que se animen a botar unha man, realizarase unha limpeza a fondo no refu, chans, paredes, mesas… e despois de comer comezar co magosto.

XORNADA DE LIMPEZA

Comezaremos ás 10:00 h repartíndonos as estancias do refu para adicarnos a elas durante a mañá, dende o club levaranse productos de limpeza abondo para todo o refu, pero contamos con que se te animas a esta xornada acudas con algún caldeiro de limpeza, trapos vellos, instrmentos de limpeza…

MAGOSTO

O magosto propiamente dito comezará ás 20:00 horas tamén  no refu. Do club correrán as castañas e chourizos para os participantes na xornada de limpeza e dos participantes do magosto a cea e bebida.
Ao rematar o magosto, o que o desexe poderáse quedar a durmir ou baixar a Ourense.

Lembra apuntarte para que poidamos xestionar a limpeza e calcular as castañas.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace