Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

Marcha “Montañeiros Galegos polo Nepal”

Data: 24 Abril
Categoría:

O pasado mes de setembro organizamos en Galicia o colectivo solidario “MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL”, co obxectivo de “Axuda ó Nepal”. Así, e ata o 25 de abril de 2016, cando se cumprirá un ano do terremoto, pretendemos acadar un cumio especial, o “Everest Solidario” conseguindo 8.848 euros para facelos chegar aos máis necesitados, a través da ONG “SOS HIMALAYA – Fundación Iñaki Ochoa de Olza” www.soshimalaya.org.

“Montañeiros Galegos polo Nepal” (MGxN) está formado por un total de 19 entidades galegas (principalmente clubs de montañismo e a Federación Galega de Montañismo) e tamén algúns destacados montañeiros galegos. En www.facebook.com/galegospolonepal pódese ver o que se ten feito dende entón e as accións postas en marcha polo colectivo, así como noticias sobre a actualidade de Nepal. Todos os cartos conseguidos nas distintas accións realizadas son ingresados directamente na conta de SOS HIMALAYA.

O domingo 24 de abril organizamos un evento en Santiago de Compostela no que participarán montañeiros e entidades integrantes en MGxN, sendo aberta a outros grupos e persoas interesadas e á cidadanía en xeral. A asistencia ao evento é gratuíta e os participantes (músicos, poñentes, colaboradores, etc.) o fan de forma voluntaria e altruísta.

Programación prevista:

  •   09.30 h. Recepción de participantes na aldea Castiñeiro do Lobo (Ames, A Coruña).
  • 10.00 h. Inicio Andaina no Camiño Real de Santiago a Fisterra: Castiñeiro do Lobo
  • Santiago (12,7 km > 4 horas). – 14.00 h. Praza do Obradoiro.
  •  14.30 h. Pavillón Municipal “Lorenzo de la Torre”. Rúa dos Cornos, 2. Duchas.
  • 15.00 h. Xantar conxunto na contorna do Pavillón (no interior en caso de mal tempo). A comida e bebida non están incluídas (cada un debe levar o seu).
  • 16.00 h. Teatro Principal. Rúa nova, 21.
    • 16.15 h. Presentación do documental “Código 8848: Nepal” (obxectivos de MGxN; con entrevistas a Jesús Martínez Novas e Sechu López).
    • 17.00 h. Conferencia de María Climent, Directora de SOS HIMALAYA e audiovisual “La voz de Iñaki”.
    • 18.00 h. Memoria de actividades realizadas e cartos recadados por MGxN.
    • 18.30 h. Actuación musical do coro tradicional “Orfeón Mariñeiro do Berbés” de Vigo, con máis de 50 persoas na súa composición.
    • 19.30 h. Peche dos actos e despedida

Inscríbete en [email protected]

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace