Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2017 Neouvielle (Francia)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 30 Xullo
Finaliza: 6 Agosto
Categorías: ,

Actividade de Pirineos 2017 no Macizo de Neouvielle.…


A data para a actividade de Pirineos de este ano será do 30 de xullo ao 6 de agosto. E o val da actividade será a Reserva Natural de Neouvielle (Francia).

Este ano a semana de Pirineos lévanos ao macizo francés de Néouvielle.
Itinerarios aquí.

Aloxarémonos no Camping Municipal de St Lary-Soulan (Chamado tamén Lalanne ***), no corazón do parque nacional dos Pirineos. (INFO do parque)

Como outros anos o club reservou para unhas 25 persoas en tenda de campaña, caravana e/ou furgoneta.

Para aquelas persoas que desexen aloxarse nun bungalow (Movil-home en Francés) é importante saber que o “Camping NON dispón de bungalows”, pero outros cerca si. Recomendáronnos este, que probablemente tería sitio: Camping d’Autun

En calquera caso, é preciso apuntarvos a actividade escribindo ao correo [email protected] como habitualmente antes do 14 de xullo (inclusive) indicando se ides a tenda (ocupámonos nos) ou se preferides outra forma de aloxamento (pola vosa conta).

Como data límite para a inscrición a semana fixamos o 14 de xullo, inclusive. Despois desa data confirmaremos co camping o número de persoas e quedará pechada a inscrición.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA PIRINEOS 2017:

Actividades propostas de Montaña, Sendeirismo “de altura” e actividades infantís.

Sábado:
Chegada, reunión as 22h para informar sobre as actividades da semana.

 

Domingo:
MONTAÑA
Ascensión al Neouvielle desde el Lac d’Aubert por la vía Normal

INFANTÍS
Senderismo pola  circular dos lagos  de Neouvielle :  http://www.rutaspirineos.org/rutas/circular-lagos-de-neouvielle

 

Luns:
MONTAÑA E SENDEIRISMO DE ALTURA XUNTOS:
Pic d’Aret desde Tramezaïgues.

 

INFANTIS
Vuelta a L’Aure (Ruta en Wikiloc) . 12km arredor da vila polas marxes do río.

 

Martes:
MONTAÑA E SENDEIRISMO DE ALTURA:

Ascención do grupo dende o Plan d’Estaragne polo val lo Lac de Cap de Long.
Sendeirismo ascenderá ao Pic de Campbieil desde Pic d’Estaragne e descenso pola normal até a Hourquette de Cap de Long.
Montaña ascenderá ao Pic Long polo Lac Tourrat e a Hourquette de Bugarret e descenso pola normal até a Hourquette de Cap de Long.

INFANTÍS
Co grupo de sendeirismo

 

Mércoles: Día de Descanso

 

INFANTIS
Visita ao Parque de ocio de la Demi-Lune en Lanemezan. http://www.parc-lannemezan.com/es/

 

Xoves:
ESCALADA XUNTOS:

Escalada deportiva entre hallas en la escuela Pene-Haute: http://www.grimper.com/site-escalade-pene-haute

 

Xoves tarde e venres:
TODOS XUNTOS (Montaña, senderismo de altura e infantís).
O xoves a tarde ascendemos até o Refuxio de Bastan polo val do Lac de L’Oule.
O venres actividades diferentes ou xuntOs a decidir:
– Pic du Bastan d’Aulon, Pic de Bastan, Ref. de Campana de Cloutou, Pic d’Aulon etc…

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón