Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada Barranquismo: Val do Navea e Candís

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Agosto
Categoría:

Proposta para descender o 20 deste mes dous barrancos preto do Barco de Valdeorras.…


Data límite para anotarse
xoves 10 de agosto
Lugar xeral
Valdeorras
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club para xestionar o desprazamento en vehículos.

Proposta para descender o 20 deste mes dous barrancos preto do Barco de Valdeorras.

Val de Navea (tramo superior):
  • horario estimado de descenso: 2h
  • desnivel: 117m
  • horario acceso: 20′
  • horario salida: 0′
Río Candís:
  • horario estimado de descenso: 2,5h
  • desnivel: 200
  • horario acceso: 5′
  • horario salida: 1′
  • dificultad: IV

A saída dende ourense será o propio domingo pola mañá.

Imprescindible ter coñecementos de descenso de canóns.

Aínda que pode ser unha actividade propicia para barranquistas nóveles, non se trata dun curso, por tanto é necesario ter os coñecementos básicos de descenso de barrancos, xa que non haberá ningún monitor nin guía pendente dos participantes. Non obstante o organizador coñece o barranco, podendo orientar aos participantes en canto a dificultade e/ou equipamento.

Material mínimo: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, cabo de ancoraxe dobre con mosquetóns, e oito. Se dispós de saca, cordas, etc, traeas tamén.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón