Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de Kaiak na Illa de Arousa

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 19 Agosto
Categoría:

Data límite para anotarse mercores 16 de agosto Lugar xeral Illa de Arousa Medios de transporte Medios propios (vehículo particular)   Apúntate en [email protected] ou no local do club para xestionar o desprazamento en vehículos. Porque non todo vai ser monte, a sección máis acuática do club propoñen unha quedada de kaiak o 19 de…


Data límite para anotarse
mercores 16 de agosto
Lugar xeral
Illa de Arousa
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club para xestionar o desprazamento en vehículos.
Porque non todo vai ser monte, a sección máis acuática do club propoñen unha quedada de kaiak o 19 de agosto.

O sábado tratarase de percorrer a illa de Arousa, o parque natural de Carreirón e os illotes de Guidoiros, Areoso e Pedroso en kaiak e o que o desexe, ao rematar farase un vivac nalgunha praia idílica da zona.

Cada un, deberá levar roupa axeitada para a actividades e comida e bebida para os dous días, asi como todo o que precise para o vivac se o realiza.

Para apuntarse anotaros a través do correo do club: [email protected], indicando se precisades kaiak.

Os que precisedes kaiak, anotarvos o mais tardar o mércores.

O aluguer de kaiak

  • k2 de duas persoas autovaciable 25€ / 8 horas
  • k1 indivudual de travesía 30 € / 8 horas

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón