Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Ruta da Liberdade, A Lama

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 14 Maio
Categoría:

Trátase dunha ruta que transcorre polas ribeiras do río Barbeira, no municipio de A Lama, sendo un dos itinerarios fluviais mais recomendables.…


Data límite para anotarse
mercores 10 de maio
Lugar xeral
Concello de A Lama
Pernocta
Non se prevé pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Trátase dunha ruta que transcorre polas ribeiras do río Barbeira, no municipio de A Lama, sendo un dos itinerarios fluviais mais recomendables.

A hora de quedada é as 10:00 horas. O lugar de quedada será na Rúa Verdugo nª 1, na propia localidade de A Lama (enfronte a Casa Florencio) Ligazón a un Mapa coa localización.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica,

Ruta Da liberdade

Ruta da Liberdade

  • horario5
  • desnivel de subida722 m
  • desnivel de baixada722 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

A primeira parte da ruta discorre polas ribeiras do río Barbeira.

Na segunda parte, camiñaremos pola Serra do Cando, por zonas máis elevadas, ata alcanzar a aldea de Covelo, e de novo volver aos bosques próximos ao río, que nos acompañarán de novo ao momento de inicio.

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón