Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

Semana audiovisual

Comeza: 24 Novembro
Finaliza: 27 Novembro
Categoría:

Cartel

Xa temos o programa da XVII Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán co patrocinio da Fundación Florencio Alvarez e como colaboradores o Concello de Ourense, o Outono Fotográfico e o GREIM (Grupo de Rescate e intervanción en Montaña da Guardia Civil).

Todas as charlas serán no Auditorio Municipal de Ourense na Sala vermella as 20.30.

carton_posterior

24 de novembro:  Seguridad en montaña. Rescates, por membros do GREIM da Guardia Civil. Axentes dos equipos de rescate en montaña da Guardia Civil falarán de seguridade nos deportes de montaña, dende o punto de vista da súa experiencia profesional e do que supón a organización e execución dun rescate dun acidentado en montaña.

 

25 de novembro:  Jonh Muir Trail, por Tino Taín. 400 kilómetros de trekking pola Serra Nevada Californiana. Cando un país pode facer parques nacionais do tamaño de provincias ou de comunidades autónomas españolas, ou trazando os seus límites no mapa con bolígrafo e regla. Considerando que este espazo natural, é obrigatorio para o estado preservalo e ofrecerllo os seus cidadanos para o seu disfrute e enriquecemento persoal.
O John Muir trail é a primeira ruta de sendeirismo nos Estados Unidos.Os inicios de sendeiro son no tesouro de América, o Parque Nacional de Yosemite, e continúa 400 kilómetros polo Ansel Adams Wilderness, Sequoia National Park, King’s Canyon National Park, e finaliza no pico máis alto en Estados Unidos continentais, Mount Whitney 4421 metros.

 

26 de novembro:  Sarushkas no Perú, por Isabel, Mar, Laura, Karina e Tamara. 5 montañeiras galegas amosannos a través das suas pegadas (sarushka en quechua) as súas experiencias durante case un mes no pais Andino, e o que foi para elas o haber visitado esa cultura de contrastes. Dende unha visión cercana mostrarán como facer un trekking en altura pola Cordilleira Andina, a súa aproximación e subida lowcost a Macchu Pichu e a experiencia mística que para elas foi o seu paso pola Isla del Sol

 

27 de novembro:  Apertura dunha nova vía no Thalay Shagar de 6904 m ( Himalaya Indio ), septiembre de 2015 por Felix Criado. No sagrado Gangotri, nos confins do Himalaia do Garwhal indio onde nace o río Ganges, o levántase case inácesible Thalay Sagar. Con 6.904 m de altitude é un obxetivo de primeira categoría para os alpinistas e unlugar venerado polo peregrino que ali acoden. Admirar o seu cumio foi un dos obxetivos desta expedición que logrou escalar esta montaña abrindo a vía Latidos de libertad.

Non vos perdades ningunha! Menudo programa!!!

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace