Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en Campo Lameiro

Data: 16 Decembro
Categoría:

Data límite para anotarse
Mércores 13 de decembro
Lugar xeral
Campo Lameiro (Pontevedra)
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Ruta de sendeirismo pola zona de Campo Lameiro, en Pontevedra.

Saída
A hora de quedada son ás 10:00 da mañá na carballeira de San Xurxo de Sacos, Pontevedra. Para a saída dende Ourense, a hora de quedada son ás 8:40 horas nas escaleiras do edificio politécnico do Campus.
Ligazón coa ruta dende Ourense https://goo.gl/maps/oetycHjGVnx

Material recomendado
Roupa e calzado cómodo, comida, bebida, manta térmica e frontal.

Ruta de Campo Lameiros

Ruta de Campo Lameiros

  • horario5
  • desnivel de subida500 m
  • desnivel de baixada500 m
  • distancia horizontal15 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento1
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

O percorrido discurre por antigas corredoiras que se usaban para unir as aldeas da zona. Continuaremos polas beiras do Reg de Maneses para achegarnos ata o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro para visitalo e posiblemente unha visita guiada por un módico prezo.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace