Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo: Scouts – CAM

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 4 Xuño
Finaliza: 5 Xuño
Categoría:

A actividade de sendeirismo terá lugar no concello de Parada de Sil, na Ribeira Sacra e o cañón do Sil e seguirá o percorrido do PR-G 98. O grupo dividirase en dous segundo idades. Os máis pequenos realizarán 4 km o primeiro día e 6 o segundo. Mentres que os maiores no entorno dos 11…


23. Subir a lo más alto

A actividade de sendeirismo terá lugar no concello de Parada de Sil, na Ribeira Sacra e o cañón do Sil e seguirá o percorrido do PR-G 98.

O grupo dividirase en dous segundo idades. Os máis pequenos realizarán 4 km o primeiro día e 6 o segundo. Mentres que os maiores no entorno dos 11 km cada un dos días.

Durante o percorrido visitaranse elementos do patrimonio natural e histórico como Fondo de Vila, Rabacallos ou o Mosteiro de Santa Cristina, así como varios miradores e puntos de interés, como o foxo do lobo, Balcons de Madrid e outros. Haberá a ocasión de bañarse se o tempo acompaña.
O campamento instalarase na area recreativa dos Balcóns de Madrid, moi predo do pobo de Parada.
Idades:
– dende 8 a 14 anos.
Lugar de saída:
– O punto de saída será o Intercambiador de autobuses Ourense (rúa Mestre Vide) que hai detrás do IES das Lagoas, un pouco por debaixo das zona universitaria.
Horarios:
Hora de saída: ás 10:00 horas do día 4 de xuño no punto saida. Por favor, sede puntuais para que poidamos facer toda a operación de saida (comprobación de datos, carga do bus, etc.)

Hora de chegada: Está prevista ás 19:30 horas da tarde do día 5 de maio, no mesmo punto que na saída. Se por calquera razón vos fórades a demorar na recollida avisádenos con toda a antelación posible.

Equipamento básico:

– 1 botas de montaña (e calzado de sustitución por si se molla, unas zapatillas deportivas servirán).
– 1 saco de durmir
– 1 esteira aillante (temos moitas para prestar se alguén non ten)
– 1 cantimplora
– 1 lanterna
– crema solar
– impermeable
– útiles de aseo
– comida e merenda do primeiro dia
– medicación, con indicación de posoloxía, se está a tomar algunha
– bolsa de cantina: con plato, taza e cubertos (todo de metal ou plástico)
Documentación obrigatoria
– tarxeta sanitaria (+ recetas no caso de non ser SERGAS)
– autorización debidamente asinada por nai, pai ou titor
– ficha médica (socios/as exentos/as)
Prezo:
– socias/os de Grupo Scout ILEX 959, 10,00 €
– socias/os de Club Alpino Ourensán, 10,00 €
– non socias/os, 18,00 €
O prezo inclúe:
– transporte en autobús de ida e volta dende Ourense.
– seguros de accidentes e responsabilidade civil
– cea do primeiro día, almorzo e xantar do segundo día.
– equipamento do campamento e material de actividades.
Data límite para a inscrición, 1 de xuño, inclusive.
club alpino e grupo scout

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón