Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

SOMIEDO DE BRAÑA EN BRAÑA

Comeza: 9 Decembro
Finaliza: 10 Decembro
Categoría:

Data límite para anotarse
vernres 1 de decembro
Lugar xeral
Somiedo
Pernocta
Albergue/casa
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

ATENCIÓN: ÚLTIMO DÍA PARA ANOTARSE, VENRES 1 DE DECEMBRO

Actividade de montaña pola zona de Somiedo na que se ascenderán o Cornón e realizarase o cordal de La Mesa – Peña Negra e Brañas de Saliencia.

Braña del Pornacal – Sebastián Navarrete

Loxística
A saída para cada unha dasactividades será ás 8h dende Villar de Vildas.
Aloxarémonos nalgún dos “establecementos rurais da zona de Somiedo”. Calculamos uns 20 € por noite.(pendente de confirmar, sempre é dificil atopar aloxamentos a bo prezo nesta zona)

Material recomendado
Contamos que non xana neve, polo tanto, roupa de abrigo e impermeable (incluido calzado, guantes e gotto), auga e comida, frontal, manta térmica e cámara de fotos (esto último opcional).

Sábado 9

Cornón pola Braña del Pornacal

  • horario7h 55′
  • desnivel de subida1300 m
  • desnivel de baixada1300 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Para o sábado, a ascensión ao teito do parque natural de Somiedo é soamente un dos alicientes da ruta, xa que esta ascende pola vertente asturiana desde Villar de Vildas e pasa pola soada e cinematográfica braña do Pornacal, cos seus tradicionais teitos e aínda en uso. A ruta ten 20km e 1.300 m de desnivel e é moito máis dura que a mesma ascensión pola vertente leonesa.

Domingo 10

Cordal de La Mesa – Peña Negra e Brañas de Saliencia

  • horario6h 30′
  • desnivel de subida950 m
  • desnivel de baixada950 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

O domingo faremos unha ruta circular que permite unir dous dos camiños máis interesantes do parque de Somiedo e que transcorren paralelos a 400 m de desnivel uno do outro, co engadido da ascensión á pena Negra:
Por unha banda o PR.AS-12 é unha senda homologada que discorre a media altura do Cordal da Mesa, partindo desde Saliencia e terminando en Arbellales. Durante o seu curto percorrido atravésase unha Foz e un gran numero de Brañas de Teitos.
Por outro o GR-101 é o coñecido ” Camín Real de la Mesa”, que une Asturias coa Meseta. Este é un camiño romano que aínda conserva parte do percorrido orixinal. O tramo utilizado para esta ruta é a parte alta do Cordal da Mesa para realizar unha ruta circular en conxunto co PR.AS-12, pasando próximos a Pena Negra, que ascenderemos e Michu. A ambas as pódese subir facilmente desde o collado compartido entre elas.
A ruta é paisaxísticamente moi estimulante, non só porque pasa por brañas repletas de Teitos, senón tamén porque a súa orografía é moi atractiva á vista, tendo vistas de Somiedo, parte de Teverga e das Ubiñas. Así que preparen as cámaras que no Club temos un concurso fotográfico.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace