Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Transcantábrica. Travesía de Picos.

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 10 Xuño
Finaliza: 18 Xuño
Categoría:

Continuando coa Transcantábrica, atravesaremos os Picos de Europa de oeste a leste, percorrendo os tres macizos e ascendendo o cumio mais elevado de cada un.…


Data límite para anotarse
mércores 10 de maio
Lugar xeral
Macizo dos Picos de Europa
Pernocta
Refuxio ou abergue
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club. Ás prazas son limitadas, polo que inscríbete canto antes.

Ao ser preciso realizar varias reservas en refuxios, ao inscribirte tes que ingresar na conta do club 25€, que se descontarán despois do prezo da pernocta.

Continuando coa Transcantábrica, atravesaremos os Picos de Europa de oeste a leste, percorrendo os tres macizos e ascendendo o cumio mais elevado de cada un.

Requisitos para participar: Debido a que as ascensións aos cumios requiren trepar así como facer rapel, é imprescindible facer V+ en escalada deportiva e saber montar un descendedor de rapel e nudo autoblocante así como as técnicas de rapel.

Información de pernocta: A pernocta realizarase no refuxio de Vegahuerta (duas noites, non gardado), en cain, no refuxio José Ramón Lueje (gardado, unha noite), no refuxio do Urriellu (gardado, unha noite), no hotel-refuxio de Áliva (gardado, unha noite) e no Casetón de Andara (gardado, unha noite)

Material recomendado: Arnés, Casco, Descendedor, Cordino Machard, Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Saco de durmir, Gafas de sol, Cabo de ancoraxe, 1 mosquetón HMS, 1 mosquetón de seguro

Trátase dunha actividade de gran esixencia física xa que durante varios días seguidos afróntanse grandes desniveis, sen embargo tomarémolos con calma, xa que para as etapas mais duras dispondremos de todo o día. Ademais ás ascensións aos tres cumios teñen unha pequena dificultade técnica, xa que esixen coñecer as técnias de rapel e desenvolverse con soltura trepando en montaña.

Para voltar dende Sotres, onde remataremos, ao Puerto de Panderrueda, onde deixaremos estacionados os vehículos usaremos Taxi, e en Caín deixaremos un vehículo no que podremos deixar cousas que precisemos mais adiante.

Na actividade contamos con un día de incidencias, para poder modificala in-situ en función das condicións meteorolóxicas, estado físico dos participantes, etc.

Ademais conta con numerosos escapes, xa que podese, acabar en Caín, baixar do refuxio do Urriellu cara Pandébano, coller o teleférico de Fuente Dé ou baixar pola pista que leva a Sotres desde Áliva.

Ao ser todas as pernoctas en refuxio, a problématica da auga en Picos está bastante solucionada, xa que todos contan con fonte, ainda así non podemos garantir que exista auga en todos os lugares de pernocta.

Hai posibilidade de cear e almorzar nos refuxios para aquel que non desexe cargar con comida para tantos días. Non obstante, estaremos sobre cinco días, unha vez salgamos de Caín, sen pasar por ningunha aldea, polo que hai que prever as necesidades alimentarias.

O mércores 26 de abril ás 19:30 horas realizaremos unha reunión informativa no club para todos aqueles que teñan dúbidas.

Día 1. Do Puerto de Panderrueda a Vegahuerta

Puerto de Panderrueda – Vegahuerta

  • horario6
  • desnivel de subida1300 m
  • desnivel de baixada900 m
  • distancia horizontal11 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural4
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento4
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Neste primeiro día sairemos ao mediodía dende o Puerto de Panderrueda, cara norte ata Peña Blanca, virando ao nordeste para chegar Collado do Frade, e pola canal del Perro chegar ata Vegahuerta.

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Día 2. Ascensión ao Peña Santa

Ascensión ao Peña Santa

  • horario9
  • desnivel de subida556 m
  • desnivel de baixada556 m
  • distancia horizontal4 km
  • tipo de percorridoIda e volta
  • severidade do medio natural5
  • orientacion no itinerario5
  • dificultade no desprazamento5
  • cantidade de esforzo necesario4
  • pasos de escaladaIV+
  • rapel30

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Nesta xornada partiremos dende Vegahuerta para ascender o Peña Santa de Castilla pola Vía dos Llastrales. A súa dificultade é de III+/IV.
A baixada realizarase pola mesma vía, sendo precisos varios rápeles.
Esta noite volveremos a pernoctar no Refuxio de Vegahuerta, polo que a ascensión realizarase con mochilas lixeiras.

Día 3. De Vegahuerta a Caín.

Vegahuerta – Caín

  • horario5
  • desnivel de subida236 m
  • desnivel de baixada1954 m
  • distancia horizontal10 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural4
  • orientacion no itinerario4
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Abandonaremos xa o macizo occidental para baixar cara Cain.
Dende Vegahuerta camiñaremos ata os puertos de Cuba e El Boquete para alcanzar a Canal de Mesones que nos depositará en Caín.
Esta noite percnoctaremos en Caín e teremos toda a tarde para descansar.

Día 4. De Caín ao Refuxio José Ramón Lueje (Cabrones)

Caín – Refuxio José Ramón Lueje

  • horario9
  • desnivel de subida2400 m
  • desnivel de baixada300 m
  • distancia horizontal13 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural4
  • orientacion no itinerario4
  • dificultade no desprazamento4
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Tras descansar a tarde anterior en Caín, afrontaremos a ascensión con maior desnivel, a subida cara o refuxio de Cabrones (José Ramón Lueje).
Despois de camiñar uns quilómetros pola Ruta del Cares, ao chegar ao Puente Bolín comezaremos a ascender cara a Canal Bellida e La Cuesta’l Trabe para enlazar co camiño que sube dende Amuesa cara o refuxio.
É a etapa con mais desnivel, pero dispoñemos de todo o día para realizala, polo que a tomaremos con calma.
A pernocta será no refuxio mencionado.

Día 5. Do Refuxio José Ramón Lueje ao Refuxio J.Delgado Úbeda (Urriellu) e ascensión ao Torrecerredo

Refuxio Cabrones – Torrecerredo – Refuxio Urriellu

  • horario7
  • desnivel de subida735 m
  • desnivel de baixada864 m
  • distancia horizontal8 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural5
  • orientacion no itinerario5
  • dificultade no desprazamento5
  • cantidade de esforzo necesario4
  • pasos de escaladaIII

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Sairemos do refuxio cara o Jou Cerreu onde deixaremos algo de peso para ascender o Torrecerredo pola súa vía normal. A ascensión ten algunha trepada de II+, por tanto de baixa dificultade técnica, pero cunha gran exposición ao baleiro. O descenso será pola mesma vía,
Unha ves ascendido e descendido o Torrecerredo continuaremos cara a Horcada Arenera e o Refuxio do Urriellu, onde pernoctaremos.

Día 6. Do Refuxio J. Delgado Úbeda ó Hotel-Refuxio de Áliva

Refuxio Urriellu – Hotel-Ref. de Áliva

  • horario6
  • desnivel de subida629 m
  • desnivel de baixada933 m
  • distancia horizontal8 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural4
  • orientacion no itinerario4
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Nesta etapa chegaremos a pernoctar ao refuxio de Áliva.
Sairemos pola Canal de la Celada dende o Refuxio do Urriellu e remontando a Collada Bonita alcanzaremos o Hoyacon de Villasobrada dende onde nos dirixiremos cara a Canal del Vidrio pola que baixaremos cara os Puertos de Áliva.

Día 7. Do Hotel-Refuxio de Áliva ao Casetón de Andara subindo a Morra de Lechugales.

Hotel-Ref. de Áliva – Morra de Lechugales – Casetón de Andara

  • horario9
  • desnivel de subida1300 m
  • desnivel de baixada853 m
  • distancia horizontal11 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural5
  • orientacion no itinerario5
  • dificultade no desprazamento5
  • cantidade de esforzo necesario4
  • pasos de escaladaIII

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Quizais a etapa mais dura de toda a travesía xunto a subida dende Caín ó refuxio de Cabrones.
Pola Llomba del Toro dirixirémonos cara a Canal de los Covarones, por onde atacaremos a Morra de Lechugales. A ascensión a este pico está catalogada con un paso de II+ e bastante aérea.
Tras subir o pico continuaremos cara a Pica’l Hierru, sen maiores dificultades e o collado Valdominguero. Dende aquí camiñaremos cara o Casetón de Andara, onde pernoctaremos.

Día 8. Casetón de Andara a Sotres

Casetón de Ándara – Sotres

  • horario3
  • desnivel de subida105 m
  • desnivel de baixada686 m
  • distancia horizontal6 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en Verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Última etapa da ruta. Dende o Casetón de Andara dirixirémonos cara Sotres, onde remataremos a ruta.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón