Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

  • Esta actividade xa finalizou.

Xornada de actualización de coñecementos en percorridos por terreos escarpados

Data: 17 Setembro
Categoría:

Data límite para anotarse
mércores 13 de setembro
Lugar xeral
Canón do Sil
Pernocta
Sen pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

 

Apúntate para xestionar o desprazamento en vehículos dende o club.

Actividade de media xornada organizada pola sección de veteranos no Canón do Sil nos sectores Camachuelo e A Ferrata co obxetivo de actualizar os coñecementos e as maniobras de progresión en escalada. Practicaránse rapel, aseguramentos, nudos básicos, etc

A saída será dende Ourense o domingo ás 9:30 horas dende as escaleiras do edificio politécnico do campus universitario das Lagoas.

Poderán participar todas aquelas persoas que desexen repasar técnicas e coñecementos básicos de progresión en montaña.

Material: Arnés, casco, cabos de ancoraxe, 3 mosquetóns de seguro, cinta ou cordino de 1m e aparato descensor (cesta, oito…). Non son imprescidibles pés de gato.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace