Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación entre vistas de Eventos

Actividades pasados

Subscríbete ás actualizacións do calendario do club

Actividades Lista de Navigation

Setembro 2023

Infantís: Sendeirismo infantil Pasarelas de Traba 2-3 setembro – Cancelada

2 Setembro 2023 - 3 Setembro 2023

  Cancelada    

Más Información »

Escalada: X Maratón escalada Canón do Sil 9 setembro 2023

9 Setembro 2023

9 de setembro de 2023 Escola de escalada do Canón do Sil MARATÓN ESCALADA CANÓN DO SIL: 12 H, 5 PROXECTOS Este ano mudamos o carácter competitivo do evento e propoñémoste que aproveites esta xornada para probar/encadear/coñecer os diferentes sectores do canón do sil e fanatizarte con polo menos unha vía en cada un deles. Aproveitando

Más Información »

Sendeirismo: A toda costa 16-17 setembro

16 Setembro 2023 - 17 Setembro 2023

Seguindo co proxecto, que xa leva uns anos, de percorrer a costa galega; Este ano toca a costa lucense.

Más Información »

Montaña: Travesía con vivac Macizo Occidental Picos de Europa 23-24 setembro

23 Setembro 2023 - 24 Setembro 2023

Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros a Torre Santa de Castilla, pola vía do Ojal (III+). Vivaquearase no Jou Santu, regresando a Pan de Carmen, cumbreando a Torre do Torco e a cresta de as Tres Marías (III+), ata acadar a horcada del Alba e completar unha actividade circular polo Mosquil de Cebolleda..

Más Información »

Escalada: Quedada escalada deportiva no Galiñeiro 30 setembro

30 Setembro 2023

Xornadas de escalada nunha das zonas de granito máis emblemáticas de Galicia.

Más Información »
Outubro 2023

Escalada: Coñece a Escalada Infantil/Xuvenil 7 de Outubro – Buxán (Lugo)-Aprazada por falta de xente

7 Outubro 2023

A escola de escalada de Buxán é o entorno ideal para iniciarse na Escalada Deportiva.
Un pe de via idoneo para as familias. Completamente chairo e sen riscos e unha selección de vias de dificultade baixa e moderada bastante abundante. Vias de lonxitude media/curta nunha roca en xeral compacta e de boa calidade.

Más Información »

Sendeirismo, Veteranos: IV Etapa Transourensán 8 outubro

8 Outubro 2023

Sendeirismo polo Transourensán. Saimos desta volta do pobo de Fontedoso (para que a ruta non sexa excesiva), faremos o Bidueiral de Gabin para ir despois hacia o Teixedo e a Ferreiría e rematando ao final da pista que chega ata a carreteira de Chandrexa. Aprox. poden ser 18 km.

Más Información »

Escalada, Montaña: Montaña e Escalada na Reserva da Biosfera Alto Bernesga – 12 ó 15 Outubro 2023

12 Outubro 2023 - 15 Outubro 2023

CUATRO VALLES aglutina un extenso territorio que comprende boa parte da montaña leonesa.
Son 7 comarcas que teñen en común a súa fisiografía montañosa, chea de vals e cumios cunha natureza privilexiada.
Xa temos visitadas as comarcas de Laciana e Alto Sil e Luna; así que toca darlle una volta á comarca do Bernesga.

Más Información »

Escalada, Formación: Curso iniciación a escalada en rocódromo 16-19-23-30 outubro (aprazado)

16 Outubro 2023 - 30 Outubro 2023

Curso de iniciación á escalada, os días 16-19-23-30 outubro no Rocódromo do Pavillón. Impartiranse nocións básicas de escalada, como encordarse e a segurar a un compañeiro de cordada. Horario:20.00h-22:00h O curso será de 8 horas  e requírese un mínimo de 4 participantes e un máximo de 6. Requisitos:ser socio/socia do clube, estar  federado e ser socio

Más Información »

Espeleoloxía: Coñece Covas 21-22 Outubro

21 Outubro 2023 - 22 Outubro 2023

21 – 22 de outubro: Actividade de espeleoloxía na covas de Silverto e Cornatel Cavidade de fácil acceso, cómoda e doada tanto para adultos coma rapaces que teñan interés en adentrarse na nosa nai Gea, para ter una experiencia única, onde se podrían ver morcegos, e diversas formacións que durante milleiros de anos a auga

Más Información »

Escalada: Xuntanza escalada clásica en Peñas del Prado (28-29 de outubro 2023)-Aprazada pola choiva

28 Outubro 2023 - 29 Outubro 2023

Actividade que pretende abrilo terreo de xogo dando a coñecer un deses vales con feitizo, Arbás.

Más Información »
Novembro 2023

Espeleoloxía: Coñece Mondoñedo 4-5 novembro

4 Novembro 2023 - 5 Novembro 2023

4-5 de Novembro: Actividade Coñece a Espeleo na Mariña Lucense Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel soci@ maior de 8 anos que teña interese en

Más Información »

Escalada, Formación: Curso iniciación a escalada en rocódromo 6-9-13-16 novembro

6 Novembro 2023 - 16 Novembro 2023

  Curso de iniciación á escalada, os días 6-9-13-16 de novembro no Rocódromo do Pavillón. Impartiranse nocións básicas de escalada, como encordarse e a segurar a un compañeiro de cordada. Horario:20.00h-22:00h O curso será de 8 horas  e requírese un mínimo de 4 participantes e un máximo de 6. Requisitos:ser socio/socia do clube, estar  federado e

Más Información »

Información: Magosto social en Manzaneda 18 novenbro 2023

18 Novembro 2023

Sábado 18 de Novembro a partir das 16:00h , Magosto social no refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda As castañas ponas o club , do resto cada un  traerá o seu Gozaremos do noso refuxio e da súa contorna con xogos populares  acenderemos a cheminea para asar as castañas e o que faga falta. Hora

Más Información »

Información: XXV Semana Audiovisual 2023 do 27 novembro-1 decembro

27 Novembro 2023 - 1 Decembro 2023

https://semana.clubalpinoourensan.es/ Luns 27 de novembro: Ánima de Corall  - Marc Toralles e Bru Bossom Martes 28 de novembro: Da bota ríxida ao gato en Budiño - Bonifacio Pedro  López López "Boni" Mércores 29 de novembro: La seguridad líquida - Manolo Taibo Xoves 30 de novembro : Mulleres sobre rodas - faladorio Venres 1 de decembro: Exploraciones bajo la jungla de

Más Información »
Decembro 2023

Información: Cea anual 2023 1 decembro

1 Decembro 2023

Chega de novo a cea anual do Club para compartir todas as nosas aventuras deste 2023 e novos proxectos para o vindeiro ano. Andamos a buscar local polo que precisamos saber canta xente estades interesadas na cea, polo tema do aforo Podedes anotarvos neste formulario e xa vos iremos informando

Más Información »

Sendeirismo: Sendeirismo en Ancares 11-12 novembro–Aprazada 8-9-10 decembro-Aprazada

8 Decembro 2023 - 10 Decembro 2023

Dúas actividades de sendeirismo por Ancares. Combinaremos parte das rutas por fragas e outra parte será máis aérea, con ascensión a Tres Bispos e Cuerno Maldito se as condicións permiten gozar da ascensión. En caso de que non, haberá variante alternativa por cotas máis baixas e menos expostas.

Más Información »

Espeleoloxía: Coñece a espeleoloxía no parque natural Encina da Lastra 16-17 decembro

16 Decembro 2023 - 17 Decembro 2023

COÑECE A ESPELEOLOXÍA NO PARQUE NATURAL ENCINA DA LASTRA 16 – 17 de Decembro: Actividade de espeleoloxía na Covas Complexo Zorra e Despiste Cavidades de fácil acceso, cómodas e doadas tanto para adultos coma rapaces que teñan interés en adentrarse na noso Deporte-Ciencia, para ter una experiencia única, onde se podrían ver morcegos, e diversas formacións que durante

Más Información »

Escalada: Xincana do nadal no rocódromo 21 decembro

21 Decembro 2023

  O xoves 21 ás  20:00 horas e ata as 22:00, nas instalacións do rocódromo municipal de ourense terá lugar a edición da Xincana Club Alpino Ourensán deste ano. Unha mistura de deporte e divertimento en probas nas que demostrar esas artes, que para escalar non valen, pero... Pásate polo rocódromo e participa, non todos

Más Información »

Información: Propostas actividades 2024 – 22 decembro e brindis do nadal

22 Decembro 2023

Propostas actividades 2024 Finalizando este decembro , convocamos a todos o socios e socias a unha reunión o venres 22 de decembro as 19:00h no local social para organizar o arranque do 2024. Esta vez ao rematar a reunión desfrutaremos duns pinchos e un brindis (ao mellor anima a asistir). Será un estupendo xeito de

Más Información »
Xaneiro 2024

Montaña: Coñece a Montaña Invernal / Coñece Ubiña – 13-14 Xaneiro 2024- Cupo compreto

13 Xaneiro - 14 Xaneiro

Queres comenzar no mundo da montaña, do alpinismo? Queres coñecer novos terreos de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente Ubiña? pois esta actividade é para ti.

Más Información »

Escalada: Curso de iniciación á escalada, os días 22-25-29 xaneiro e 1 de febreiro no Rocódromo do Pavillón.

22 Xaneiro - 1 Febreiro

Curso de iniciación á escalada, os días 22-25-29 xaneiro e 1 de febreiro no Rocódromo do Pavillón. Impartiranse nocións básicas de escalada, como encordarse e a segurar a un compañeiro de cordada. Horario:20.00h-22:00h O curso será de 8 horas  e requírese un mínimo de 4 participantes e un máximo de 6. Requisitos:ser socio/socia do clube, estar 

Más Información »

Montaña: Montaña invernal-La Cueta (León) 27-28 xaneiro- Cupo compreto

27 Xaneiro - 28 Xaneiro

    MONTAÑA INVERNAL DENDE LA CUETA (León)  Do 27 ó 28 de Xaneiro 2024  DÍA 1: La Cueta – Majada Abeséu – Puertos de Calderones – Pico Gagucheiro  (2053m.) – Punta La Sierra (2148m.) – Pena Los Años (2158m.) .) – Las Coloradas  (2108m.) – Pena <Redonda (2135m.) e volta por Puertos de Vallinalluenga.        DÍA 2: La Cueta – Praderas de las Espinas- Penachana( 2069m.) – Collado Las  Cruces – Pena Cebolledo (1.984m) – Picos Blancos (2064m.) – La Chana (1926m.) –  La Cueta      INFORMACIÓN ÚTIL    Comezo (lugar, hora…):   Día 27: Parking á entrada de La Cueta, León, ás 8:00 horas  Día 28: Parking á entrada de La Cueta, León, ás 8:30    https://maps.app.goo.gl/3p8R1C5EdcRgcDgi6 Transporte:  Medios propios. .  Material recomendado:  Piolet de travesía, crampóns e casco, ademáis do necesario  para unha actividade invernal: roupa abrigo, luvas, gorro,  mochila de día….  Según se acerque a data, si a hai neve suficiente, levaremos  tamén raquetas.   Actividade adaptable ó esquí de travesía para quen queira ir  pola súa conta.  Pernocta:   O clube non se fai cargo da reserva de aloxamento que  correrá por conta dos participantes. No parking da entrada o  solo está ben para aparcar as furgos.  Na Cueta hai casa rural: https://www.altosil.com/  Tedes tamén albergue en Villablino e Torrebarrio a 30 min.  Requisitos para participar:  Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa  vixente para esta actividade.  Actividades propostas con neve polo que é necesario ter  coñecementos de progresión en montaña invernal.  Prezo (no caso de que  exista algún custe)  Acitividade gratuíta, proposta por unha socia.  En caso de mal tempo a actividade suspenderase.    COORDINADORA: Nina Liceras    DESCRIPCIÓN DAS RUTAS  DÍA 1 (27/01/2024): La Cueta – Majada Abeséu – Puertos de Calderones – Pico  Gagucheiro (2053m.) – Punta La Sierra (2148m.) – Pena Los Años (2158m.) – Las  Coloradas (2108m.) – Pena <Redonda (2135m.) e volta por Puertos de  Vallinalluenga.   

Más Información »

Infantís: Infantís: Manzaneda 27-28 xaneiro

27 Xaneiro - 28 Xaneiro

Fin de semana en Manzaneda.  Pasaremos 2 días e 1 noite no refuxio que o clube ten en Manzaneda. A idea principal é poder facer unha raquetada cosmáis pequenos do clube, pero se a neve non acompaña faremos sendeirismo. Farase unha ruta sábado 27 e outra domingo 28, pasando a tardiña e a noite do sábado con xogos no refuxio e arredores (podedes traer os xogos que vos  apeteza).   Información útil  Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo) Coordinadoras: Bea e Marta Comezo (lugar, hora…):   12.00 horas. Refuxio Pena do Caldeiro  en Manzaneda  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Roupa e calzado adecuado. Saco de durmir para a noite do  sábado. Comida e bebida para Sábado e Domingo.  No caso de que haxa neve se tedes raquetas podédelas levar, 

Más Información »
Febreiro 2024

Esquí: Semana Branca Grandvalira 10-17 febreiro 2024

10 Febreiro - 17 Febreiro

*Semana Branca:* Datas: Do 10 si 17 de febreiro de 2024 Lugar: Grandvalira (Andorra) Especificación: Viaxe con axencia Prezos: 695 Inclúe: Viaxe en bus + aloxamento en Andorra en hotel de 3 estrellas (habitación dobre) + almorzo + cea + forfait 5 días (Luns a Venres + seguro de esquí) *Extras*: Comida en pistas: 60

Más Información »
Marzo 2024

Sendeirismo: Sendeirismo día da Muller 3 de marzo:Rebordechao -San Mamede- Pozo dos Mouros

3 Marzo

Rebordechao -San Mamede- Pozo dos Mouros Distancia de la ruta: 15,5 Km Desnivel positivo:871 m. Altitud máxima:1620m. Altitud mínima:884m. Tipo de ruta circular. A ruta que imos facer vai polo municipio de Vilar de Barrio, Serra de San Mamede unha zona importante pola súa grande riqueza paisaxística donde podemos observar tamén a tristemente despoboamento das

Más Información »

Espeleoloxía: Coñece a Espeleoloxía : Courel 9 marzo//Compreta

9 Marzo

Coñece a Espeleoloxía : Courel 9 marzo 9 de Marzo 2024 : Actividade de espeleoloxía na zona do Courel, cavidade de fácil acceso, cómoda e doada, tanto para adultos coma rapaces que teñan interés en adentrarse no noso Deporte-Ciencia para ter una experiencia única, onde se podrían ver morcegos, e diversas formacións que durante milleiros de anos a auga……..percoreu por elas e as formou.   ​ Inscripción ​ Data límite para a inscripción:​ ∙Mércores 6 de Marzo mediante formulario web  Debido a que é preciso solicitar un permiso e imprescindible indicar  nome, DNI, e tipo de licenza.  Importante: O inscribirse solicitase informar de se estás disposto/a a levar​ vehículo propio, prazas e cidade de saída,   Información útil ​ Comezo (lugar, hora…): Ás 8:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus.  ​ Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.  Material recomendado: funda ou mono exterior, botas, luvas, manta térmica, roupa  térmica interior. Roupa de reposto, Material de aseo persoal, etc , comida e auga para o día.  Material obligatorio: CASCO CON ILUMINACIÓN ELÉCTRICA E BATERÍAS  DE REPOSTO.​   É imprescindible licenza federativa que cubra a espeleoloxía.  Condicións dos participantes: non se requiren coñecementos técnicos de progresión​ en cavidades, posto que se trata dunha cavidade sen dificultades. ​ A aproximación á cavidade tampouco presenta dificultade, aproximadamente 30  minutos de paseo polo sendeiros e bosques da zona. Regresaremos pola tarde cara o  punto de partida.  Requisitos para participar:Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta accividade    Coordinador:Alberto    

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Sendeirismo infantil polo Baixo Miño:Muiños do Tripe e Monte Aloia – 16 Marzo 2024

16 Marzo

Subiremos polo rio Tripes percorrendo o conxunto de muiños en direccion á aldea de Frinxo. Desde ali, seguindo unha pequena levada, adentraremonos no Parque Natural do Monte Aloia.

Más Información »

BTT: Cicloturismo 16-17 marzo

16 Marzo - 17 Marzo

Itinerario cicloturista polo norte de Portugal. Traxecto que segue a ecovia das extintas liñas férreas dos ríos Támega e Corgo, tomando como base de operacións Vilapuca de Aguiar (Portugal).

O percorrido total entre Chaves e Vila Real e de uns 144 km (ida e volta) con un desnivel positivo e negativo 850 m, que se salvarán no transcurso dos dous días de actividade.

Más Información »

Infantís: Sendeirismo infantil Ruta polo Río Miño: Tui-Caldelas 17 Marzo 2024

17 Marzo

Saimos da Fortaleza de Valença polos pasadizos da muralla, cruzaremos a ponte internacional, construcción inspirada na Torre Eiffel, pasando Tui e seguindo pola marxe dereita do rio Miño polo camiño de pescadores en dirección a Caldelas de Tui

Más Información »
+ Exportar Actividades listados

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón