Durante o verán andivemos a falar con diversos establecementos de Ourense de cara a ofrecer vantaxes aos socios do club (descontos nos seus productos e/ou servizos, ofertas para os socios, etc), podes ver nesta lista http://web.clubalpinoourensan.es/vantaxes/ os establecementos que polo de agora colaboran co club, pero seguimos falando con outros negocios e iremos engadindo mais en breve.
Para facer uso dos mesmos tan só tes que comunicar no momento de facer a compra ou utilizar o servizo que és socio do Club Alpino Ourensán e se che piden unha identificación mostrar a tua licenza federativa (se non estás federado, e como no club non dispomos de tarxetas de socios, solicita un certificado de socio na secretaría).
Ademais temos tamén unha nova lista de correo que se engade as que xa vos podiades subscribir. Debido ás ultimas actividades de Barranquismo organizadas dende o club polos seus socios, creamos esta nova lista de correo para informar de todas as actividades desta modalidade. Dende esta ligazón http://web.clubalpinoourensan.es/listas-de-correo/preferencias/ poderás editar as listas ás que estás subscrito, e subscribirte a nova lista de correo de Barranquismo.