Hosting por Logo dinahosting
5 Decembro, 2016

Licenza FEDME-FGM 2017

Agora que acaba o ano é momento de renovar a nosa licenza federativa da FEDME-FGM para o vindeiro 2017.

 

PREZOS

 

Ver prezos da licenza (PDF)

Todas as licenzas teñen unha vixencia dende o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro de 2017.

 

COMO TRAMITAR A LICENZA

As licenzas federativas para o 2017 comezaranse a tramitar en xaneiro agás as que sean imprescindibles porque o titular vaia facer actividade durante o nadal ou ás primeiras semanas de xaneiro.

Recorda que durante o ano poderás ampliar a licenza pero esta xestión ten un custo de 3€, ao que lle hai que sumar a diferenza que exista entre a modalidade que tes e aquela a que desexas ampliar.

Pasos para tramitar a licenza

É imprescindible ser socio do club e ter a cota anual ao día.

  1. Elixe o tipo de licenza que queres e se precisas algún dos suplementos: BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e/ou Snowboard, que como o ano pasado páganse separadamente.
  2. Abona na conta do club (xa sexa por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida, poñendo como concepto o teu nome e apelidos. A conta do club é ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank)
  3. Envia un correo a [email protected] cos seguinte datos:
    • O teu nome
    • O tipo de licenza que queres
    • A copia do xustificante do ingreso
    • Que tipo de actividade é a que máis adoitas practicar (escalada, alpinismo etc.), esto é para unha enquisa que realiza a Federación.
  4.  Comproba pasados uns días que se che contestamos ao correo confirmado que a túa licenza está tramitada. Senón escríbenos para solucionalo.

Lembramos que durante a última semana de decembro so se tramitarán as licenzas que sexan imprescindibles (se vas realizar actividade nas primeiras semanas de xaneiro), tramitando o resto das licenzas en xaneiro.

¿Para que sirve?

Principalmente a licenza inclue un seguro de accidentes e de responsabilidade civil, así como gastos de rescate. Ten en conta que a Seguridade Social non cubre accidentes deportivos.

¿É obrigatorio federarse?

Para ir a escalar, ou a facer espeleoloxía por suposto que non é obrigatorio, sen embargo si que é recomendable. Para participar nas actividades deste club e obrigatorio estar federado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón