Hosting por Logo dinahosting
18 Abril, 2017

Pirineos 2017

Xa estamos a voltas coa actividade de pirineos de este ano!

Este ano a actividade de pirineos será do 30 de xullo ao 6 de agosto.

A pernocta, igual que en anos anteriores, será nalgún cámping cercano.

Como novidade, propoñemos dous vales, o Val de Pineta e a Reserva Natural de Neouvielle (Francia). Para decidir o val no que se realizará este ano a actividade de Pirineos, someterémolo a votación entre os socios.

Pero antes unhas consideracións para facer realizar esta consulta ó mellor posible:

  • Votar só unha vez por persoa. .
  • Votar só se tes pensado ir a pirineos, se non vas ir, deixa que sexan os interesados os que decidan o val.

Aquí tes a ligazón á enquisa http://enquisas.clubalpinoourensan.es/index.php/835617?lang=gl

Lembra, o prazo para votar na enquisa é ata o 16 de maio

No caso de empate entre os dous vales, decidirán os vocais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón