Cando o ser e o estar non significan o mesmo: Son Negro!

Fai tempo que non temos noticia do Refuxio de Pena Caldeiro. ¿Pero que é o Refuxio de Pena Caldeiro? Seguro que moitos volo preguntades. ¿E qué pasa con el para que me fagan esta publicación dende o club? Os que xa o sabedes seguro que queredes saber como lle está indo ó refu. Se nos permitides unha pequena intro e xa pasamos ao refuxio.

O refuxio de Pena Caldeiro é o refuxio que tendes os socios a pé de pista na estación de Manzaneda. Debido á precaria situación na que estaba, decidiuse pechar e proceder coas obras de mellora. Levamos máis de 2 anos de obras, máis do esperado nun principio, xa que o traballo é todo voluntario dos socios, o que sen a súa colaboración, non sería posible todo o que se fixo e se está a facer.

A construción do refuxio iniciou unha etapa importante dentro da historia do club, e debido o súa delicada situación o seu final, para ben o para mal, escribímolo os socios agora. Podemos dicir que ese final é a día de hoxe moi esperanzador como poderedes ver no seguinte texto e imaxes e todo grazas o voso esforzo e tesón. Sen máis dilación, deixamos ao refuxio tome vida e voz propia.

 

Blog 3“Sei que tardei en escribirvos, e contarvos como van a reformas feitas. Inda que non publicara nada non quere dicir  que non se fixeran traballos de reparación aquí. Este ano caracterizouse por un cambio na organización do traballo, reduciuse o número de xente por cuadrilla, sen facer chamamentos colectivos de axuda e especializando os traballos para ser máis operativos. O resultado, un fabuloso dormitorio en madeira que vos está esperando, e a falta dunha man de pintura, unha cociña recén alicatada ao máis puro estilo presidencial con chan novo, llanos nas paredes e unha nova reestruturación do espazo con mesas de obra para cociñar.

A chatarra e lixo que había dentro levouse a un xestor, que ata nos deu cartos por ela.

Contades con nova instalación eléctrica e neste punto quero facer especial mención o noso electricista, xa que despois dunha operación e unha tediosa enfermidade quixo facer a instalación eléctrica como se de un hotel se tratase, sen cables á vista. Un traballo meticuloso propio da seu saber facer e braveza sarriana.

A fonte non sobreviviu a duro inverno de Manzaneda, máis concretamente a braveza tamén das rubias galegas da zona e unha vaca no seu empeño de beber levouna por diante. Volveuse a levantar, está vez a proba de vaca (testada e homologada) cun estilo arquitectónico do gótico tardío, que recorda a algunha película de Tim Burtom (xa lle gustaría a Batman ter unha así en Gotham city). O que si teño claro, que a fonte será fonte de moitos dos vosos comentarios.

E seguimos traballando cos proximos obxetivos: reforma das escaleira, mellora da acometida de auga, selado das fiestras.

Hoxe sen ir mais lonxe, mentres medio pais está nas praias, piscinas ou en Pireneos, hai voluntarios traballando aquí. Son eles os que nos envían as fotos:

Blog 2

 

Pero penso que o que máis vos chamará a atención cando me vexades é que son negro. Boh, mais ben gris…gris pizarra, similar a un RAL 7015 ou pantone 446.

A miña fachada pasou de estar pintada de branco con un montón de desconchados a ser de pizarra. Sei que xa sabedes do cambio porque o escollestes @s [email protected] en asemblea extraordinaria. Pois  ese cambio estase a materializar neste momento.

 

429805788_174510

Espero que vos guste a miña nova cara e que veñades a facerme visitas e selfies. Podedes colgar o voso selfie coa miña nova cara en #SOSrefucaldeiro ou enviala ao club para que a colguen nun álbum especial. A foto máis orixinal comigo será premiada nos prestixioso premios CAM awards da cea anual.

Sen mais, me despido ata nova entrega,

O voso refuxio, Pena Caldeiro.

434232777_5077