9 de setembro de 2023

Escola de escalada do Canón do Sil

MARATÓN ESCALADA CANÓN DO SIL: 12 H, 5 PROXECTOS

Este ano mudamos o carácter competitivo do evento e propoñémoste que aproveites esta xornada para probar/encadear/coñecer os diferentes sectores do canón do sil e fanatizarte con polo menos unha vía en cada un deles. Aproveitando as sinerxias de tódolos escaladores seguro que logramos unha xornada donde se alcance o número máis elevado de encadenes da historia do Canón. Se lle tes botado unha mirada algunha vía, dende fai tempo ou se non coñecías algún itinerario, este será o día de darlle a morte, aproveitando a motivación de todos os participantes e coñecendo os crux das mesmas.

 

O Club Alpino Ourensán organiza a segunda fin de semana de setembro o “Maratón de escalada Canón do Sil”, unha concentración-competición de escalada deportiva destinada a promover, por unha banda, a escalada deportiva, e por outra, dar a coñecer a escola de escalada de o Cañón do Sil a todos aqueles que se acheguen a el e fomentando os valores de respecto pola natureza e o medio natural, de acordo co recollido na Rede Natura 2000 de Galicia onde se inclúe o Cañón do Sil e a súa escola de escalada. en ZEC ES1120014.

12 horas continuadas de escalada en corda, en todos os sectores do colexio. Nace co obxectivo de compartir unha xornada de escalada ben como participantes ou como espectadores e convertela nunha festa e encontro do deporte.

COLABORADORES

Colaborar

Escola de escalada do Canón do Sil

NOVAS

X Maratón Escalada Canón do Sil

Reportaxe no Diario La Región  
Leer máis

Clasificacións do IX Maratón de escalada do Canón do Sil

Noraboa a todos os participantes do IX Maratón de escalada do Canón do Sil que aguantaron esas 12 horas do…
Leer máis

Nova edición IX Maratón de escalada do Canón do Sil

Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil sendo ano a IX edición   Os participantes, deberán…
Leer máis

SÍGUENOS

FOTOS 10ª EDICION