Hosting por dinahosting.
29 Novembro, 2017

Mochileando América do Sur

Este xoves, Raquel Novoa, socia do Club será a encargada de trasmitir, ao público as súas experiencias. A ponencia tratarán dunha aventura, unha viaxe mochileira de 5 meses dende centro América ata a rexión mais austral do planeta, a Patagonia. Polo camiño, mergullou, ascendeu picos de mais de 5000 m, descendeu barrancos e realizou travesías andinas de varios días de duración. Pero sobre todo, empapouse do espírito viaxeiro e das diferentes culturas de todos os países que coñeceron: Costa Rica, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina.

Será este xoves día 30 na Sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (edificio de ferro) do campus de Ourense. É ás 20:00 horas, e a entrada é  de balde.

 

Organiza

Club Alpino Ourensán

Patrocina

Club Alpino Ourensán

Colabora

Club Alpino Ourensán

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace