Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Trekking P.N. Torres del Paine.

Tras a ponencia da primeira expedición ourensá ao Alto Atlas, o mércores ás 20:00 horas, dous sociois do club, Carmela Conde e Enrique Soto estarán na XIX Semana Audiovisual cunha viaxe realizada entre os meses de novembro e decembro por América do Sur.

Unha viaxe de navegación en kaiak por Chepu, Parque Nacional de Chiloé e o trekking de “La W” nas torres do Paine, que constituíu o comezo da gran travesía en kaiak polo Río Serrano, Río Tindal e o Fiordo, Seo e Estero “Última Esperanza”.

Lembra que a Semana Audiovisual celébrase na Sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (edificio de ferro) do campus de Ourense. É ás 20:00 horas, e a entrada é de balde.