Hosting por dinahosting.

O club

Entidade deportiva sen ánimo de lucro nacida no ano 1971 co obxetivo da promoción e disfrute dos deportes de montaña.

Conócenos

Os comezos do club

Alá polo ano 1971, o comezo do Club Alpino Ourensán marcan o inicio do montañismo, espeleoloxía e esquí na nosa provincia. Ao longo destes xa máis de 40 anos de existencia foi desenvolvendo diversas zonas de prácticas deportivas estables na nosa xeografía, a mais montañosa de Galicia, mantendo certas instalacións de apoio, tanto a nivel de refuxios de montaña ao uso como zonas escola para a práctica da escalada, descenso de canóns e as distintas modalidades que foron sumandose aos deportes de aventura.

Sempre o Club Alpino Ourensán caracterizouse como sociedade promotora, colaborando con distintas institucións como o Concello de Ourense, Campus Universitario, Consello Municipal de Deportes e diversas asociacións cando requiren a nosa participación nos seus calendarios de actividades.

Así mesmo ó largo da súa dilatada historia mantén una interesante actividade expedicionaria que levou ós seus socios a visitar numerosos macizos montañosos europeos, africanos, americanos e asiáticos. Entre as mais interesantes figuran a primeira ascensión galega o McKinley (6.194 m), cumio mais alto de Norteamérica, e a primeira mundial o Anayachi (5.587 m) nos Andes Bolivianos, por unha difícil ruta en terreo mixto, no Parque Nacional do Sajama.


Que facemos

Non somos unha axencia de viaxes nin unha axencia de turismo activo ou unha empresa de guias. As actividades propóñenas os socios, entre todos procuramos transmitir os nosos coñecementos durante as actividades pero non damos formación continua. que propoñemos son as mesmas que facemos nós e que compartimos entre todos os socios.

Como iniciarme

Organizamos actividades sinxelas para os que comezan, pero tamén convocamos cursos de formación impartidos por monitores capacitados e titulados o que implica que teñen un custo. Poderás comezar coas actividades mais sinxelas e ir adquirindo experiencia pouco a pouco.

Canto custa participar

Para participar nas actividades tes que ser socio (toda a información sobre como darse de alta aquí). As actividades son gratuitas e libres para todos os socios cos concoñecementos necesarios en función da súa dificultade.

Algo mais?

Todas as actividades que organizamos contan cun seguro de responsabilidade civil, pero para os gastos de asistencia sanitaria, rescate, etc producidos por un accidente ou lesión é preciso a licenza federativa correspondente ou un seguro que cubra eses riscos. Nós podemos facilitarche os medios para conseguir calquera das dúas cousas.

Queres saber mais?

Ponte en contacto con nos en [email protected] ou a través de clubalpinoourensan.es/contacto

Interesado en facerte socio? Obtén toda a información aquí.

Queres saber mais da historia do club? Aquí está contada por un socio.

Estatutos do Club Alpino Ourensán

Estamos na Rúa Bedoya 4, Local 9 (Galerías Bedoya) 32005, Ourense

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, non analizamos os hábitos de navegación navegación. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información neste enlace