Hosting por Logo dinahosting

Faite socio

Como socio do club…

  • Coñecerás xente coa que practicar este deporte.
  • Poderás participar en mais de 50 actividades e cursos ao ano.
  • Accederás a cursos da Federación de Montaña e da Federación de Espeleoloxía.
  • Terás a posibilidade de protexerte cun seguro federativo de rescate e accidentes.
  • Terás ao teu servizo préstamo de material
  • Terás á túa disposición unha biblioteca de montaña con mais de 300 libros, 70 mapas e preto de 600 revistas especializadas.
  • Obter descontos en refuxios, tendas locais… Ver Vantaxes
  • Está a túa disposición un refuxio en na Estación de Montaña de Manzaneda.
  • Uso do rocódromo municipal con material do club.
  • WiFi gratuito no local.


Como asociarse

Facerse socio do Club Alpino Ourensán é moi sinxelo. Podes facelo así:

 

Persoalmente: Pasándote polo noso local, estamos na Rúa Ervedelo 32-34, local 59 (Centro Comercial Couto) de Ourense os mércores de 19:30 a 21:00, onde te poderás dar de alta e obter mais información sobre o club.
Por correo-e: Cumplimentando a solicitude de inscripción que podes descargar mais abaixo e enviandoa a [email protected]. A través deste correo tamén podes resolver todas as dúbidas que teñas acerca do club.

 

Ao darte de alta poderás escoller se queres ser socio familiar, individual ou aspirante:
*Os socios familiares, pagan unha cuota anual de 52€, pero tamén poden asociar aos seus fillos e parella sen pagar nada a maiores.
*Os socios individuais a cuota anual é de 40€.
*Os socios aspirantes (menor de idade non asociado a familiar) terán unha cuota de 20€ anuais. Estes socios serán menores que non teñan pais ou titores legais socios do clube. Poderán participar nas actividades, coa correspondente autorización da familia.
En calqueira momento poderás cambiar o tipo de socio que és.(No caso de asociarse unha vez iniciado o ano, soamente se abonará a parte proporcional dos trimestres no vencidos)
Tanto os socios individuais como os familiares (é tamén os socios asociados a este) teñen os mesmos dereitos e obrigas.

Ademais, se é o que queres é probar o club, e as actividades, poderás facerte socio por un so trimestre (cuota de 10€).

 



Cuotas

Como socio do club, poderás escoller entre tres cuotas mais unha cuarta se é a primeira vez que te fas socio.

  • Socios familiares: 52 euros/ano
  • Socios individuais: 40 euros/ano
  • Socios aspirantes: 20 euros/ano
  • Só primeiro trimestre: 10-13 euros/1 trimestre

Nota: As cuotas aboanse anualmente (normalmente por domiciliación bancaria).

Conta bancaria do club: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander)

 

Escríbenos a [email protected] se tes calquera dúbida ou pregunta

Estatutos do Club Alpino Ourensán


O Club Alpino é o espazo para formarse, aprender, coñecer xente e facer montaña. Realizamos actividades de montaña, descenso de canóns, escalada, espeleoloxía, esquí… de forma organizada como club e cada un de nós de forma independente nas zonas próximas, pero tamén en toda a cordilleira Cantábrica e noutros macizos como Gredos, Pirineos ou os Alpes, tamén montañas de outros continentes, pero que quedan para expedicións particulares ou propostas puntuais, pero están sempre ahí como grandes retos que algún dia poderemos acadar. Este club fórmase sobre os seus socios, trátase da súa comunidade, de unirse.

Poderás desfrutar…

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón