Hosting por Logo dinahosting

Federarse

 

A licenza federativa ofréceche un seguro en caso de accidente, ademais de identificarte como practicante deste deporte. Por outro lado é imprescindible estar federado para poder participar no programa de actividades da nosa entidade ou nos cursos e actividades das distintas federacións as que o club está adscrito, así como carreiras de montaña nas que é preciso estar federado.

As vantaxes non acaban ahí, pois facilítache un acceso a precios preferentes os refuxios de españa e os extranxeiros con convenio de reciprocidade.

En función das túas necesidades podes tramitar a licenza federativa da Federación Galega de Montañismo (FGM) ou da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).

 

¿Canto custa?

O custe da licencia varía en función do tipo de licenza, categoría a que pertenzamos (infantil, xuvenil ou maior) e da federación na que nos federemos, a Federación Galega de Montañismo (FGM) ou da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).

 

¿Para que sirve?

Principalmente a licenza inclue un seguro de accidentes e de responsabilidade civil, así como gastos de rescate. Ten en conta que a Seguridade Social non cubre accidentes deportivos.

 

¿É obrigatorio federarse?

Para ir a escalar, ou a facer espeleoloxía por suposto que non é obrigatorio, sen embargo si que é recomendable. Para participar nas actividades deste club e obrigatorio estar federado.

 

¿Cómo me federo?

Para federarte ambas federacións esixen pertencer a un club de montaña galego.

Aquí poderás consultar toda a información sobre como tramitar a túa licenza federativa.

 

Licenzas Federación Galega de Montaña

Consulta nesta ligazón toda a información sobre como federarte na Federación Galega de Montaña

Ver mais

Licenzas Federación Galega de Espeleoloxía

Consulta nesta ligazón toda a información sobre como federarte na Federación Galega de Espeleoloxía

Ver mais

 

 

Se tes calqueira dúbida, ponte en contacto co club mediante o correo-e [email protected] ou pásate polo local en Rúa Ervedelo, 32-34, Local 59 (Centro Comercial Couto) en horario de apertura (mércores de 19:30 a 21:00).

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón