Hosting por Logo dinahosting

Licenza FGM

 

Procedemento para federarse

Para solicitar unha licenza é indispensable ser socio do club. Aquí podes consultar como asociarte ao Club Alpino Ourensán. Podes facerte socio por un só trimestre.

O procedemento para federarse poderá realizarse no local do club ou telemáticamente do seguinte modo:

 

Elexir o tipo de licenza

Escolle o tipo de licenza que desexas en función das coberturas que precises e idade. Revisa tamén se precisas algún dos suplementos.

Circular Informativa sobre a licenza federativa

Prezos Licenzas FGM 2024

Pagar a licenza

Abona na conta do club ( xa sexa por ingreso ou transferencia) o importe da licenza escollida e poñendo como concepto Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante).

Lembra sumar ao prezo da licenza os suplementos que desexes. É suficiente con un so ingreso.

IBAN: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander).

NOTA: Dende o clube tramitamos as licenzas os mércores ás 18 h. Todas as licenzas solicitadas despois desa hora, tramitaranse para o seguinte mércores.

Realiza a solicitude

Podes solicitar a túa licenza telemáticamente mediante o formulario habilitado durante todo o ano.

 

Se o desexas tamén podes pasar polo local do club co resgardo da transferencia para tramitala en persoa.

Lembra que durante o ano poderás ampliala pero ten un custo de tramitación de 3€ mais a diferenza entre a licenza actual e a nova desexada.

Nesta páxina da Federación Galega de Montaña  poderán consultarse todos os detalles das licenzas.

 

Procedemento en caso de accidente

No caso de precisar facer uso das coberturas da licenza, a Federación Galega de Montañismo ten un procedemento publicado con todos os pasos para facer uso desa cobertura. Este procedemento é de interese para todos os federados

Ver mais

 

 

Como ampliar unha licenza xa tramitada

Durante todo o ano poderás ampliar as coberturas dunha licenza xa tramitada, esta ampliación terá un custe de 3€ por gastos de xestión da federación.

 

Elexir o tipo de licenza

Escolle o tipo de licenza que desexas en función das novas coberturas que precises. Revisa tamén se precisas algún suplemento a maiores. Os suplementos xa solicitados manteranse.

 

Pagar a licenza

Abona na conta do club ( xa sexa por ingreso ou transferencia) a diferenza entre a licenza antigua e a nova solicitada e  lembra engadir os 3€ de gastos de ampliación

Concepto do ingreso:  Licenza de … (Nome e apelidos do solicitante).

IBAN: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander).

 

Realiza a solicitude

Podes ampliara túa licenza telemáticamente mediante o formulario habilitado durante todo o ano.

 

Tamén poderás realizar a ampliación no local do club.

 

Vantaxes de federarse

A licenza da Federación Galega de Montañismo, permìtece participar nas actividades do clube e en outras nas que se esixa estar federado, ademais dáche dereito a:

  • Participar nas actividades da FGM
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Participar nas actividades da FEDME
  • Usar os refuxios da FGM, así como desconto nos que teñan convenio de reciprocidade coa FEDME.
  • Participar en competicicións oficiais de escalada e carreiras por montaña.
  • As vantaxes de pertencer a FEDME ventajasfedme.es
  • https://fedgalmon.gal/en-caso-de-accidente-no-ano-2023/

Ademais os Federados de modalidades infantís e xuvenís, que no momento que acrediten tener un pai ou unha nai federados, obterán un desconto do 50% no precio do seguro, e decir, pagarán o prezo fixado no cadro de prezos pola súa totalidade, e unha vez acrediten ter o pai ou a nai federado no ano 2024,  abonaránselle o 50% da licenza do menor.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón