Hosting por Logo dinahosting

Fuentes Carrionas (26 febreiro – 1 marzo)

Travesía Alto Carrión.


Actividade realizada os días 26 e 27 de febreiro.

Saiuse dende o aparcadoiro de Pinollano existente na base do Espiguete.

Comenzamos ascendendo este pico pola norte clásica (M. R.Ausín, Á. Ramos, E. Aguado, L. González, E. Díez, J. Maiquez e L. Vicente, 1967, III/1).

Descendemos pola mesma vía para retomalo cordal perto do collado del Arra. Proseguimos por unha serie de lomas ata aproximarnos a Hoya de Martín Vaquero, lugar onde atoparemos as maiores dificultades da xornada. Entre as mochilas e a meteo adversa que dificultaba a orientación tivemos que acometer as trepadas e canais deste tramo cun certo recelo, poñendo e quitando crampóns, ata alcanzala Peña el Águila. Continuamos ata o Pico Murcia donde realizamos un cónclave coa idea de proseguir polo cordal ou retirarnos hacia Cardaño, en vista do mal tempo que nos rodeaba. Proseguimos entre brétemas ata o collado de Peñas Zahurdias, donde montamos o vivac. Ventisqueou e nevou como non podía ser doutro xeito, estamos en inverno, inda que a montaña aparentase ser finais da primaveira. Fixemos unha xornada dunhas 12h cunha climatoloxía ofuscada e taciturna que nos puxo a proba, pero que conseguimos sobrelevar con humor, certa intriga e boa compañía.
Arrancamos con mellor día e enfrentándonos ó cresterio con ánimos renovados.

Avanzamos polo cordal ata achegarmos ás agullas de Cardaño, que rodeamos pola sua vertiente sur e ascendemos por unha amplia canal no extremo oriental das mesmas. Dende este privilexiado miradoiro nos diriximos ó pico Tres Provincias e despois de ascendelo, decidimos inicialo descenso a Cardaño de Arriba pola ruta da majada de las Lomas. Bonita e divertida xornada de montaña que nos permitiu xogar e aplicar as técnicas de progresión invernais.


Ascensión ó Curavacas.


Día 28. Dende Vidrieros nos diriximos a visible cara sur do Curavacas en busca dos pedreiros que caen desa vertiente. A neve aparece moi arriba igual que as cabras que deambulan por estas pendentes (importante levar casco). Ascendemos pola ruta do Callejo Grande (III/1) sen maiores sobre saltos en parte grazas a un can que nos tornou as cabras e velou pola nosa integridade. O día espléndido fixo que a actividade nos resultase moi gratificante e compensaxe as inclemencias da travesía anterior. Torreznos e birras para rematar ó grande este retorno a montaña palentina.

Valdehuesa.

O día 1, acercámonos a escola leonesa de Valdehuesa para escalar un pouco nas súas longas vías de caliza e rematalo entroido montañeiro deste 2022.

 

 

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón