Brindis de Nadal Como viña sendo tradicional, e despóis de 2 anos sen facelo pola pandemia, retomamos o brindis navideño para despedir o ano , no local do club, un ano de actividades realizadas coa mellor compañia. Acábase un ano cheo de lembranzas, pero comeza un novo ano que será ainda mellor e no que…
Brindis de Nadal
Como viña sendo tradicional, e despóis de 2 anos sen facelo pola pandemia, retomamos o brindis navideño para despedir o ano , no local do club, un ano de actividades realizadas coa mellor compañia.
Acábase un ano cheo de lembranzas, pero comeza un novo ano que será ainda mellor e no que vos lembramos que en febreiro toca eleccións.
Queremos aproveitar para darvos as grazas aos socios e socias, xa que este club non sería o mesmo sen vós.
Faremos entrega dos premios do concurso fotografíco
Quedades todos convidados: venres 23 ás 20:00 horas no local.
O mércores 21 será o último día que abra o club no seu horario habitual e o local permanecerá pechado tras esta celebración, ata o mércores 11 de xaneiro de 2023, no que retomaremos as actividades de xeito habitual.
Feliz Ano 2023