Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

A experiencia Ridimoas.

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 28 Outubro
Categoría:

Debido o voso crecente interese pola rexeneración do bosque autóctono tras a catástrofe dos incendios que outra primavera, verán e outono máis, tinxiron de negro Galicia novamente, e debido a cantidade de iniciativas para levar esta rexeneración a cabo nas redes sociais (algunhas mais ou menos acertadas), imos coñecer o Bosque rexenerado tras un incendio de Ridimoas (Beade, Ourense), e dan mas deles coñeceremos como levaron a cabo ese proceso de rexeneración.…


Data límite para anotarse
Mércores 25 de outubro
Lugar xeral
Bosque de Ridimoas, Beade
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Prazas completas

¿Cómo se rexenera un bosque autóctono tras un incendio? Ven con nós a desubrilo.

Debido o voso crecente interese pola rexeneración do bosque autóctono tras a catástrofe dos incendios que outra primavera, verán e outono máis, tinxiron de negro Galicia novamente, e debido a cantidade de iniciativas para levar esta rexeneración a cabo nas redes sociais (algunhas mais ou menos acertadas), imos coñecer o Bosque rexenerado tras un incendio de Ridimoas (Beade, Ourense), e dan mas deles coñeceremos como levaron a cabo ese proceso de rexeneración.

A asociación ourensana Ridimoas leva dende o ano 77 rexenerando o bosque autóctono en Ridimoas. A súa labor de rexeneración é financiada practicamente gracias a seus afiliados e a donativos das actividades divulgativas.

O custo da actividade son de 5€, donativo á asociación Ridimoás pola visita que se lle abonará directamente a eles durante a visita.

Mais información sobre o bosque de Ridimoas: http://ridimoas.wixsite.com/ridimoas/blank-1

Ven con nos a coñecelo, Sábado 28 de Outubro actividade apta para os mais cativos.

Lugar de quedada: 10.30 na rotonda do pabellon dos Remedios.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón