Escalada A Peneda 5-6 outubro Descripción Actividade orientada a dar a coñecer unha zona de escalada clásica espectacular, moi preto da nosa casa. Peneda Gerês é unha escola de escalada clásica de referencia do norte de Portugal, aínda que moi frecuentada por escaladores da zona do sur de Pontevedra. Podemos atopar como sectores a…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Xoves 03 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Escalada A Peneda 5-6 outubro
Descripción
Actividade orientada a dar a coñecer unha zona de escalada clásica espectacular, moi preto da nosa casa. Peneda Gerês é unha escola de escalada clásica de referencia do norte de Portugal, aínda que moi frecuentada por escaladores da zona do sur de Pontevedra. Podemos atopar como sectores a Meadinha e o Pequeno Half Dome. O tipo de escalada a destacar son as fendas e as placas. Nesta actividade nos centraremos no sector Meadinha.
Data límite para a inscripción
3 de outubro 21:00h
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):Parque Nacional Peneda- Gerês . Lugar da Peneda
Chegada venres tarde ou sábado de maña .
Comezo da actividade o sábado no inicio das vias da Meadinha sobre as 10.00 h. - Transporte: Vehículos particulares.
- Material recomendado:
- Material de escalada de autoprotección en vías de varios longos. Friends ata a talla nº6 ,nalgunhas vías e preciso repetir algun número.
- Pernocta:
- Albergue da Peneda ,hotel da Peneda, tamén hai alguns vivaques no camiño as vias da Meadinha. Os que vaian a durmir no albergue é convinte que reserven con tempo. O lúns 30 de setembro como moi tarde.
Posibilidade para cear o sábado de encargar cea no hotel
- Albergue da Peneda ,hotel da Peneda, tamén hai alguns vivaques no camiño as vias da Meadinha. Os que vaian a durmir no albergue é convinte que reserven con tempo. O lúns 30 de setembro como moi tarde.
Croquis:
Requisitos para participar:
- Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
- Ser autónomo na parede, para facer cumio na parede e necesario escalar mínimo 6b de primeiro pero hai moitas opciones de facer primeiros e segundo longos entre V+ e 6A.
Prezo:
- O aloxamento corre por parte dos participantes, a actividade é gratuíta.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coodrinador: Ernesto Fernández