Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

A toda costa

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 21 Setembro
Finaliza: 22 Setembro
Categoría:

Outro ano mais seguimos percorrendo a costa galega dende o punto onde rematamos o pasado ano Fisterra.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 11 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): O 21 setembro ás 09:00 naPraia Langosteira (Fisterra)

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado para senderismo. Auga e comida para pasar o día.

Pernocta: Albergue Cee

Sábado

Ruta entre Fisterra e Cee. 16 quilómetros de lonxitude con 291 metros de desnivel postivo.

Domingo

Ruta entre Cee e Punta do Fornelo (Pindo) CEE a PUNTA DO FORNELO (Pindo). Imprescindible: pantalón largo anti-toxos. Entre Ézaro e Pindo teremos 2 quilómetros de estrada ineludible.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón