A toda costa 18-19 setembro: Castro Baroña-Ribeira (Prazas cubertas, podes quedar en lista de agarda enviando mail a ; [email protected]) Descripción xeral Continuamos o camiño da costa, cun percorrido a pé entre o Castro de Baroña (Porto do Son) e Ribeira. 44Km en total, en dous días, pasando por extensas e fermosas praias. Data límite…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
A toda costa 18-19 setembro: Castro Baroña-Ribeira (Prazas cubertas, podes quedar en lista de agarda enviando mail a ; [email protected])
Descripción xeral
Continuamos o camiño da costa, cun percorrido a pé entre o Castro de Baroña (Porto do Son) e Ribeira. 44Km en total, en dous días, pasando por extensas e fermosas praias.
Data límite para a inscripción:
Mércores 15 de setembro, ou antes se se completa o límite de prazas
Información útil
Comezo (lugar, hora…):
Centro de Información do Castro de Baroña (Porto do Son),10:00 horas do sábado 18 de setembro de 2021
Transporte:
Vehículos particulares. Para o retorno de Ribeira a Baroña hai bus da liña Ribeira-Noia (último ás 19:30 h), ou taxi compartido.
Material recomendado:
Roupa e calzado de sendeirismo e praia. Equipo para pernocta ao aire libre (saco, funda vivac, etc). Alimentos para os dous días.
Pernocta:
Ao raso, de vivac nas proximidades do Faro de Corrubedo
Requisitos para participar:
Bo estado físico para camiñadas duns 20 km diarios. Saber nadar.
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:
FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Información técnica
Actividades de sendeirismo
DIA 1
24 km de sendeirismo sen dificultade técnica e con escasos desniveis.
Medio (nivel de risco da ruta): 2
Itinerario (sinalización):3
Desprazamento (dificultade): 2
Esforzo (duración): 3
IMPORTANTE: As praias teñen fortes correntes. Moita precaución no baño.
Descripción da ruta
Saída do Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Porto do Son), ás 10:00 horas.
Percorrido pola liña de costa (maioritariamente por estreitos sendeiros e/ou praias)pasando polas praias de Baroña, Queiruga, Prado da Ria, Furnas, Basoñas e Espiñeirido.
Pernocta de vivac en praia de Portiños ou no contorno do Faro de Corrubedo.
DIA 2
20 km de sendeirimo sen dificultade técnica e con escasos desniveis. Mesma dificultade e riscos que no día 1.
Descripción da ruta
Saída sobre as 09:00 h. Percorrido pola beira da praia de Corrubedo (imprescindible cruzala na marea baixa), continuando pola costa ata Santa Uxía de Ribeira, pasando por Aguiño e sucesivas praias.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión
Coordinadores actividade: Paco/Marga