Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

A toda costa

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 15 Setembro
Finaliza: 16 Setembro
Categoría:

A proposta como sempre é facer o percorrido en autonomía. Levando a comida e durmindo de vivac. Como o camiño é en travesía, temos a opción de regresar en Taxi ou de adiantar con algún dos coches ao final da ruta.…


Voltamos un ano máis, e van xa 8 consecutivos, no que propoñemos percorrer 50 km da nosa costa.

A proposta como sempre é facer o percorrido en autonomía. Levando a comida e durmindo de vivac. Como o camiño é en travesía, temos a opción de regresar en Taxi ou de adiantar con algún dos coches ao final da ruta.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 11 de setembro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 12 de setembro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Igrexa da Virxe da Barca en Muxia as 9.30h do sábado. Dende o Club xestionaremos as prazas nos vehículos.
A hora de finalización estimada é ao redor das 18h do domingo.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Saco de durmir, Esterilla, Gafas de sol , comida, auga, Os máis aguerridos poden traer bañador, palas, pixama, cometa e … todo o habitual na ruta da costa e pouco habitual no resto de actividades ; )

Pernocta: A pernocta será en Vivac, nalgunha praia que atopemos polo camiño pola zona de Nemiña (Touriñán).

A hora de finalización estimada é ao redor das 18h do domingo.

NOTAS IMPORTANTES
Afrontamos os últimos 50 km da ruta dos faros e trátase do tramo máis esixente físicamente. 25 km cada día e case 1000 m de desnivel acumulado cada xornada. (Ver MIDE’s)
Polo camiño pasaremos poboacións medianas que contarán con algúns servizos, en particular na segunda etapa, pero OLLO, non o sábado, que non haberá fonte en toda a etapa.
Pode ser que atopemos auga nas praias e nos “lugares” ainda que sexan pequenos pero non existen fontes sinalizadas para o sábado.
Non son precisos coñecementos técnicos de escalada, rapel ou progresión en terreo de montaña pero si se require boa forma física.

Sábado

Muxia – Nemiña (Touriñán)

  • horario6h
  • desnivel de subida1075m
  • desnivel de baixada1075m
  • distancia horizontal24,6 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

A ruta transcorre nos seus primeiros quilómetros polo bordo da estrada sen beiravías entre Muxía e a Praia de Lourido, desde a cal baixaremos á praia. A partir de aquí, podemos dividir a etapa en 2 tramos:

Tramo 1: Desde Monte Cachelmo (Km 3) á Praia de Moreira (Km 13) temos o tramo máis complicado do Camiño dous Faros, en constante subida e baixada. Subimos o Cachelmo (750 metros de ascenso desde 0 a 150 metros, pendente media 23%), baixamos á Praia da Arnela, subimos Punta Buitra, baixamos a Cuño, subimos o Monte Pedrouzo (2 quilómetros de ascensión cunha pendente media do 13% ata os 264 metros) para acabar baixando á Praia de Moreira (descenso moi técnico, con chan irregular e pendente media nalgúns tramos do 25%).

Recomendámosvos tomarvos este 10 km con moita tranquilidade, facendo as paradas necesarias para descansar e contemplar as espectaculares vistas desta etapa. Lembrade facer as paradas apartándose do camiño para non entorpecer a marcha do resto.

Tramo 2: Desde Moreira a Touriñán e desde Touriñán a Moreira o camiño suavízase e o percorrido vai por carreiros e pistas sen circulación motora, con suficiente visibilidade para que os vehículos vexan aos senderistas e viceversa.

Nesta etapa hai varios atallos posibles (Punta Buitra e Touriñán)

Mais información http://www.caminodosfaros.com/etapa-7-muxia-nemina/
Track: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514290

Domingo

Nemiña – Fisterra

  • horario6h’
  • desnivel de subida815 m
  • desnivel de baixada815 m
  • distancia horizontal26,5 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Esta etapa, ademais de longa, destaca pola súa dureza, xa que circulamos por terreo moi variable e cun desnivel acumulado potente, pasando continuamente de cantís a praias. Podemos dividila nos seguintes tramos:

Tramo 1: Desde a praia de Nemiña ata a praia de Lires o camiño vai polo carreiro interior do Río Castro ata chegar ao pobo de Lires e, desde alí, unha pista asfaltada lévanos á praia de Lires. Todo este tramo podémolo atallar durante a marea baixa no verán, aforrándonos 4 quilómetros. Pero ollo, só nesa época xa que en época de choivas a ría forma unha canle que fai imposible cruzala.

Tramo 2: Cantís de Lires. Este tramo é duro polo desnivel e a rugosidade do terreo cando pasamos os cantís. Ao cruzar os cantís hai que ir con coidado e non saírse do carreiro. A pesar da sensación de vertixe que podamos ter, a ruta é segura. se non nos achegamos ao bordo do cantil para sacar a mellor foto.

Tramo 3: Praia do Rostro – Arenal grande de case 2 km que debemos tomar con tranquilidade e gozar da forza do mar. Ao final da praia é bo sitio para facer un descanso.

Tramo 4: Cantís da Punta do Castelo. Hai varios sitios onde non nos debemos achegar ao bordo, xa que existe o risco de caída. Repetimos, non busquedes o sitio máis ao bordo para sacar a foto.

Tramo 5: Cantís de Cabo da Nave – Uns dos máis espectaculares do camiño pero tamén duro. Sóbese por un camiño estreito desde case o nivel do mar ata os 220 metros do Cabo da Nave. Tomátelo con tranquilidade e gózao

Tramo 6: A partir de aquí suavízase a etapa. Este último tramo baixa á perigosa Praia de Mar de Fora para subir pola Insua camiño do Monte do Facho, onde teremos a última subida desde a que xa veremos o Faro de Fisterra.

Mais información http://www.caminodosfaros.com/etapa-8-nemina-cabo-finisterre/
Track: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514348

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón