A mañán do sábado 22 outubro de 2022, sairemos da salvaxe praia das Furnas na parroquia de Xuño (Porto de Son), famosa polo filme “Mar adentro” e polas súas ondas para facer surf…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 19 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Aprazamos a actividade polo mal tempo
A toda costas infantil – Furnas – Espiñeirido – 22 Outubro 2022
Descrición da actividade
Nesta ocasión exploraremos unha parte da fermosa costa galega ó redor de Porto de Son e Ribeira.
A mañán do sábado 22 outubro de 2022, sairemos da salvaxe praia das Furnas na parroquia de Xuño (Porto de Son), famosa polo filme “Mar adentro” e polas súas ondas para facer surf, onde poderemos deixar algún coche. Despois sortearemos a lagoa de Xuño pola praia aproveitando a marea baixa das 9 da mañán dese día, continuaremos por camiños paralelos á costa, paseo basoñas, praia de seráns, para alcanzar a fermosa praia de Espiñeirido. Ó final deste areal, a ruta percorrerá camiños agrícolas con vistas ó monte Tahume e ó faro de Corrubedo, ata alcanzar a aldea de Teira, onde temos un área recreativa para facer un “pique-nique”.
A ruta total líneal son un 8,5Km aproximadamente, prácticamente sen desnivel nin dificultades técnicas.
As familias que o desexen poderán reservar pola súa conta para durmir moi preto deste lugar, no “Camping Arosa 2”, con zona de acampada, bungalows para 4, 6 ou 8 persoas e albergue. Falei con recepción e fan prezo para grupos, sendo ademáis tempada baixa. Alí teñen tamén unha carpa para que as familias poidan estar xuntas xogando…
O domingo se alguén quere quedar, pola zona, hai opción de visitar o castro de Baroña, Dolmen de Axeitos, Duna de Corrubedo, Mirador da Curota, Faro de Corrubedo, parque natural de Corrubedo ou plantexar outra ruta de sendeirismo pola zona.
Información útil: ainda que a actividade é infantil, está aberta a tod@s aqueles soci@s que queiran acompañarnos. Non é apta para carriños de bebé.
Comezo: parking da praia das Furnas en Xuño ás 10h do sábado 22 outubro de 2022. Organizaríamos antes para deixar algún coche na área recreativa onde remataría a ruta.
Transportes : coches particulares.
Material recomendable: roupa cómoda, calzado de sendeirismo (preferiblemente que se poida mollar porque andaremos por area mollada), quizais cortaventos, auga e comida para pasar o día.
Coordinadora: Sandra
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@