A Veiga 15-16 marzo: sendeirismo e observación de estrelas no Centro Astronómico de A Veiga Astrotrevinca. Esta vez imosvos propoñer unha actividade de observación de estrelas no Centro Astronómico de A Veiga Astrotrevinca. Sábado 15 Marzo: Para aqueles que se queiran anotar á actividade da mañá : Saida dende o albergue de A Veiga “…
Inscripción
As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.
Data límite para a inscripción:
- Mércores 12 de Marzo mediante formulario web
A Veiga 15-16 marzo: sendeirismo e observación de estrelas no Centro Astronómico de A Veiga Astrotrevinca.
Esta vez imosvos propoñer unha actividade de observación de estrelas no Centro Astronómico de A Veiga Astrotrevinca.
Sábado 15 Marzo:
Para aqueles que se queiran anotar á actividade da mañá : Saida dende o albergue de A Veiga “ Montañas de trevinca” ás 09:00h, en función do grupo que o forme, farase unha parte da Senda Verde do Xares con opción de deixar un coche nalgún punto do percorrido e retorno con tempo para se duchar e estar as 19h no Observatorio Astronómico.
Pola tarde: saída do albergue de a veiga ás 18h para nos achegar ao lugar con tempo suficiente para acreditarse antes do comenzo da actividade de observación.
Pola noite a partir das 22h: posibilidade de cear en grupo no albergue, concretarase entre os participantes.
Domingo 16 Marzo:
Pola mañá: saída do albergue ás 10:00h para facer unha pequena andaina pola paraxe da Cántara da Moura ata a aldea de Corzos.
Paraxe esta, da Cántara da Moura, que máis aló da lenda da fermosísima moura que peitea os seus cabelos dourados, é lugar de covas que foron utilizadas polos maquis e fuxidos que protagonizaron a gerrilla antifranquista nos tempos da guerra civil española.
Toda a paisaxe do percorrido está dominada por grandes bolos graníticos espallados tanto polo río como polos lameiros e carballeiras características da zona.
Material:
Roupa de abrigo para a actividade de observación xa que á noite pode ser fría.
A entrada ó centro para facer a visita son 12 euros e a duración do evento serán 120 minutos, o pagamenteo farase a través do clube no momento da inscrición. Temos 12 prazas en reserva para o noso clube.
A dormida cada quen pode facela donde queira, nos falamos co albergue da Veiga, Montañas de Trevinca. Si queredes formalizar con eles hai que lle comentar que sodes do Club Alpino preguntando por Ana 680516313. Para facer as reservas convén que non tardedes moito para asegurar as prazas.
Actividade orientada para adultos.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinadores: Carmela e Kike