Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Actividade infantil en Manzaneda

  • Esta actividade xa finalizou.

Actividade Navegación

Comeza: 14 Setembro
Finaliza: 15 Setembro
Categoría:

MULTIACTIVIDADE EN MANZANEDA: Fin de semana na estación de montaña de Manzaneda onde
faremos diferentes actividades e desfrutaremos do Refuxio Pena do Caldeiro que o clube ten na zona…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 11 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 10:30 horas o sábado 14, nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Mochila de día para levar picnic, frontal, saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo para á noite. En caso necesitar algo comunicalo ó facer a inscripción. A xente que pase o fin de semana lembrade traer comida para dous días. No refuxio temos cociña.

Pernocta: No refuxio Pena do Caldeiro que o clube ten na estación de montaña de Manzaneda. Existe a posibilidade de que a xente participe nun día se non poden vir toda a fin de semana.

Actividades

Sábado

Ruta de sendeirismo pola contorna da Estación e aproveitaremos para comer de monte e enredar entre penedos que nos atoparemos polo camino. Antes de comezar breve explicación do material que debemos levar na mochila e coidados no monte.
Para a xente que se quede a durmir pasaremos á tarde tomando posición dentro de refuxio e pola noite, sairemos dar unha volta a ver se nos atopamos con algo de fauna do lugar.

Domingo
Pola mañán realizaremos acopio de madeiras e piñas para abastecer a leñeira do refuxio e despois iremos á actividade do parque de multiaventura da Estación (coste 6 euros). Xantar, recollida, limpeza do refuxio e volta xa de tarde. En función do grupo poderemos facer unha pequena parada-paseo cara ós Sequeiros de Pena Folenche que nos quedan no camino de volta.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón