Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Alta ruta dos Balcáns – Peaks of the Balkans

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Maio
Finaliza: 13 Maio
Categoría:

A alta ruta dos Balcáns é un sendeiro que atravesa Kósovo, Montenegro e Albania, ofrecendo vistas espectaculares e unha experiencia de primeira man das culturas montañosas dos tres países. Esta remota e misteriosa cordilleira, en gran parte accesible só a pé, ofrece algo máis que abraiantes paixaxes de dentados picos de caliza, verdes pastos e…


A alta ruta dos Balcáns é un sendeiro que atravesa Kósovo, Montenegro e Albania, ofrecendo vistas espectaculares e unha experiencia de primeira man das culturas montañosas dos tres países. Esta remota e misteriosa cordilleira, en gran parte accesible só a pé, ofrece algo máis que abraiantes paixaxes de dentados picos de caliza, verdes pastos e maravillosas aldeas de montaña. Nas súas aldeas illadas, aínda sobreviven rastros dun código de conduta centenario.

O camiño, a través dos Parques Nacionais de Valbona (Albania), Prokletije (Montenegro) e Bjeshkët e Nemuna (Kosovo) une algunhas das mellores paisaxes deste rincón de europa. Durante 10 días, camiñaremos preto de 200 quilómetros pola fronteira destes tres paises.

Contamos con publicar mais información das etapas próximamente.

INFORMACIÓN E PRE-INSCRIPCIÓN

Datas propostas: do 1 ao 13 de maio (ambos inclusive)

Datas de pre-inscripción: Ata o 5 de febreiro. O día 6 de febreiro realizarase unha xuntanza no club para falar dos detalles, realizar a inscripción definitiva e mercar o vó.

Viaxe: Para achegarnos ata a zona voaremos dende Madrid ata Podgorica, e despois en transporte público ate Teth, onde comezaremos a ruta. Calculamos uns 300 € o billete de avión.

Coste de participación: 50€ (este coste non inclúe a viaxe, aloxamento, manuntención, etc)

Gastos: Estase a valorar, pero entre as etapas posiblemente nos aloxemos en hostel/refuxios compartidos e nos días de chegada e saída en aloxamentos en aldeas cercanas.

Formulario de PRE-INSCRIPCIÓN

 

PROPOSTA DE RUTA

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón