Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Alto Porma: Montaña, sendeirismo,escalada 29-30-31-1

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 29 Outubro
Finaliza: 1 Novembro

ALTO PORMA é una comarca situada ó norte de León e limita ó norte con Asturias, Oeste con Alto Curueño e Argüellos, sur con Rueda e ó este coa Montaña de Riaño e terras de Cistierna. Nesta comarca nace o río Porma, que embalsa as súas augas no embalse do Porma ou Vegamián, baixo o…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Domingo 23 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

ALTO PORMA é una comarca situada ó norte de León e limita ó norte con Asturias, Oeste con Alto Curueño e Argüellos, sur con Rueda e ó este coa Montaña de Riaño e terras de Cistierna.

Nesta comarca nace o río Porma, que embalsa as súas augas no embalse do Porma ou Vegamián, baixo o cal xacen os pobos de Vegamián, Campillo, Armada, Lodares, Ferreras, Quintanilla, Utrero e Camposillo

A vexetación é extremadamente rica, destacando bosques de faias, abeleiras, aciñeiras, acivros, no norte e e grandes extensións de carballos, jaras e aciñeiras no sur.
A paisaxe de rivera está poboada de salgueiros, chopos; por enriba de 1,100m. destacan bosques de álamo branco e bidueiro, entremezclados con salgueiros, chopos e abeleiras.
No municipio de Puebla de Lillo destacan polo seu valor o “Robledal de los Torcedos” , “ Hayedo de La Cervatina” e a “Reserva natural del Pinar de Lillo”.
Por todo elo podemos afirmar que nos atopamos nunha das comarcas de maior reserva fúngica de toda Europa

Neste rincón da Cordilleira Cantábrica os embalses de Proma e Riaño marcan as comarcas do Alto Porma e Esla, caracterizadas pola alternancia vigorosa de montañas calizase fértiles vales, cheos de pequenos pobos totalmente integrados na paisaxe.
Puebla de Lillo, coas súas Minas de Talco e o seu Torreón cilíndrico medieval, é o maior núcleo de poboación de todo o val. Destacan os bosques de Lillo e Iyargae como testigos do glaciarismo quedan numerosas lagoas e lagos (Isoba e Ausente) pola abrupta orografía destas montañas.

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Puebla de Lillo. Sábado ás 9 da mañá
  • Transporte: Medios propios.
  • Material recomendado: Roupa de montaña axeitada á época, mochila de día e material de montaña e escalada para as actividades que o necesitan.
  • Pernocta:  Sí. O clube non se fai responsable da reserva da pernocta Recomendación.Camping Las Nieves no que contan con bungalows: https://campingdelasnieves.com/Ademáis existen alternativas de aloxamento en casas rurales a través de booking ou air bnb.
  • Requisitos para participar: Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
  • Prezo: A actividade é gratuíta.

Información técnica: Desglose de actividades

Outra actividades: Listado de actividades de sendeirismo sinxelas, que se poderían realizar tamén como infantís. A xestión das mesmas correrá entre as persoas que desexen facelas.

Documentación

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón