ALTO PORMA é una comarca situada ó norte de León e limita ó norte con Asturias, Oeste con Alto Curueño e Argüellos, sur con Rueda e ó este coa Montaña de Riaño e terras de Cistierna. Nesta comarca nace o río Porma, que embalsa as súas augas no embalse do Porma ou Vegamián, baixo o…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Domingo 23 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
ALTO PORMA é una comarca situada ó norte de León e limita ó norte con Asturias, Oeste con Alto Curueño e Argüellos, sur con Rueda e ó este coa Montaña de Riaño e terras de Cistierna.
Nesta comarca nace o río Porma, que embalsa as súas augas no embalse do Porma ou Vegamián, baixo o cal xacen os pobos de Vegamián, Campillo, Armada, Lodares, Ferreras, Quintanilla, Utrero e Camposillo
A vexetación é extremadamente rica, destacando bosques de faias, abeleiras, aciñeiras, acivros, no norte e e grandes extensións de carballos, jaras e aciñeiras no sur.
A paisaxe de rivera está poboada de salgueiros, chopos; por enriba de 1,100m. destacan bosques de álamo branco e bidueiro, entremezclados con salgueiros, chopos e abeleiras.
No municipio de Puebla de Lillo destacan polo seu valor o “Robledal de los Torcedos” , “ Hayedo de La Cervatina” e a “Reserva natural del Pinar de Lillo”.
Por todo elo podemos afirmar que nos atopamos nunha das comarcas de maior reserva fúngica de toda Europa
Neste rincón da Cordilleira Cantábrica os embalses de Proma e Riaño marcan as comarcas do Alto Porma e Esla, caracterizadas pola alternancia vigorosa de montañas calizase fértiles vales, cheos de pequenos pobos totalmente integrados na paisaxe.
Puebla de Lillo, coas súas Minas de Talco e o seu Torreón cilíndrico medieval, é o maior núcleo de poboación de todo o val. Destacan os bosques de Lillo e Iyargae como testigos do glaciarismo quedan numerosas lagoas e lagos (Isoba e Ausente) pola abrupta orografía destas montañas.
Información útil
- Comezo (lugar, hora…): Puebla de Lillo. Sábado ás 9 da mañá
- Transporte: Medios propios.
- Material recomendado: Roupa de montaña axeitada á época, mochila de día e material de montaña e escalada para as actividades que o necesitan.
- Pernocta: Sí. O clube non se fai responsable da reserva da pernocta Recomendación.Camping Las Nieves no que contan con bungalows: https://campingdelasnieves.com/Ademáis existen alternativas de aloxamento en casas rurales a través de booking ou air bnb.
- Requisitos para participar: Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
- Prezo: A actividade é gratuíta.
Información técnica: Desglose de actividades
- SÁBADO 29
- Montaña: Pico Lasprón, pico del Prado del Toro e Avellañal de la Biesca (Ficha Técnica Actividade)
- DOMINGO 30
- Montaña: Pico Susarón pola aresta este (Ficha Técnica Actividade)
- Sendeirismo: Pico Susarón (Ficha Técnica Actividade)
- LUNS 31
- Montaña: Integral Peña Forcada (Ficha Técnica Actividade)
- Sendeirismo: Lodares Peña San Pedro (Ficha Técnica Actividade)
- MARTES 1
- Escalada: Redipollos o Valdehuesa (Ficha Técnica Actividade)
Outra actividades: Listado de actividades de sendeirismo sinxelas, que se poderían realizar tamén como infantís. A xestión das mesmas correrá entre as persoas que desexen facelas.
Roteiros sinxelos pola contorna:
Documentación
- Dossier informativo de roteiros no municipio de Puebla de Lillo (Alto Porma – León)
- Tríptico turístico do concello
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@