Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Arcos de Valdevez – Sistelo

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 2 Setembro
Categoría:

A Ecovía do Vez é un ruta que seguindo o Río Vez dende Arcos de Valdevez a Sistelo, percorre este rio de gran beleza. Sistelo, ademais, é unha preciosa aldea coñecida como “o Pequeno Tibet”, poa enorme cantidade de solcalcos que os antiguos habitantes construiron para facer productiva a terra.…


Data límite para anotarse
mércores 31 de agosto
Lugar xeral
Viana do Castelo, Portugal
Pernocta
Outros
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

A Ecovía do Vez é un ruta que seguindo o Río Vez dende Arcos de Valdevez a Sistelo, percorre este rio de gran beleza.

Sistelo, ademais, é unha preciosa aldea coñecida como “o Pequeno Tibet”, poa enorme cantidade de solcalcos que os antiguos habitantes construiron para facer productiva a terra.

O punto de quedada en Arcos de Valdevez é na súa alameda ás 10:00 da mañá, ao carón da estatua do Torneio de Arcos de Valdevez (dous cabaleiros da idade media montados a cabalo) Mapa aquí

A saída dende Ourense organizarase xunto aos participantes.

 

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Gafas de sol , comida, auga

Arcos de Valdevez – Sistelo

Arcos de Valdevez – Sistelo

  • horario5
  • desnivel de subida291 m
  • desnivel de baixada27 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorrido Travesía
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Percorrido abraiante e fresco, adecuado para os días quentes, con paso por diversas praias fluviais onde se pode desfrutar de baños para refrescarse.

É un paseo de aproximadamente 20 km que une Sistelo a Arcos de Valdevez, ao longo do río Vez. Case sempre preto deste río de augas cristalinas, esta ecovia ten, ademais, unha parte de pasarelas de madeira.

A volta a Arcos de Valdevez dende Sistelo será en taxi, con un custo aproximado de 20-35€ por vehículo de cinco persoas.

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón