Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Ascensión ao Pé do Cabril

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 29 Setembro
Categorías: ,

Actividade organizada pola Sección de Veteranos do club pola zona do Xurés na que ascenderase o Pé do Cabril, un dos picos mais espectaculare das montañas do Gêres.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 25 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga. Arnés, casco, aparato de rápel e cabo de ancoraxe os que desexen facer a trepada e rápel finais

Información

Ascensión ao Pé do Cabril

  • horario6h’
  • desnivel de subida800 m
  • desnivel de baixada800 m
  • distancia horizontal16 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento4
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Realizarase unha ruta ascendendo o pico do Pe do cabril, que presenta algunhas dificultades na sua parte final (trepadas). Para descender do mesmo realizarase un rápel.

Ao finalizar a actividade hai a opción dunha comida en Lobios.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón