Infantís:Augas Santas 25 marzo O próximo sábado 25 de marzo propoñemos unha actividade para tódolos públicos, que consta de dúas partes, coa posibilidade de asistir a unha soa parte ou ás dúas. Debido ao baixo nivel de dificultade, queremos animar a familias con crianzas, adolescentes ou con pouca experiencia en senderismo a unirse, xa que…
Inscripción
As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.
Data límite para a inscripción:
- Domingo 05 de Marzo mediante formulario web
Infantís:Augas Santas 25 marzo
O próximo sábado 25 de marzo propoñemos unha actividade para tódolos públicos, que consta de dúas partes, coa posibilidade de asistir a unha soa parte ou ás dúas. Debido ao baixo nivel de dificultade, queremos animar a familias con crianzas, adolescentes ou con pouca experiencia en senderismo a unirse, xa que imos aprender ademáis de disfrutar da natureza.
Pola mañán faremos un roteiro guiado por NOEMI ÁLVAREZ, responsable de turismo cultural da cooperativa Xeitura, que nos levará desde Santa Maria de aguas Santas en Allariz (conjunto histórico artístico) ata o impresionante castro Cibdá de Armeá, explicándonos este importante enclave arqueolóxico rodeado de bosque. O custo total desta actividade é de 160 eur para un grupo máximo de 25 personas, polo que compre saber canto antes a xente interesada nesta parte da actividade. A duración total será de aproximadamente 3 horas.
O roteiro circular é sinxelo, cuns 100 m de desnivel e algo mais de 6km en total.
Despois de repoñer forzas, pola tarde achegarémonos a outra parte do concello para facer outro roteiro circular tamén sinxelo sen perder de vista o río Arnoia, sen prácticamente desnivel e duns 7km aproximadamente. Neste caso é de balde.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/allariz-desde-acearrica-hasta-o-brinal-e-volta-56800390
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de [email protected] e [email protected]